DOUS GRUPOS DE SENDEIRISTAS DO CONCELLO DE OLEIROS VISITAN O ROSAL
Pepe “Buraco” encargouse de facer tellas e ladrillos á vez que lles contaba a historia dos nosos cabaqueiros
Fotos: C. R.
Infogauda / O Rosal
Os días 16 e 23 de setembro, o concello do Rosal tivo dúas visitas que compre salientar. Foron dous grupos de persoas maiores sendeiristas do Concello de Oleiros que nestas xornadas realizaron a Ruta “Máis alá do Miño, entre cabaqueiros e azulexos”.
Cada grupo estivo formado por 40 persoas cun interese excepcional por coñecer a cultura dos nosos cabaqueiros, tan importante para entender a historia do barro en Galicia.
Os visitantes no Centro de Interpretación dos Cabaqueiros
Pepe “Buraco” encargouse de facer tellas e ladrillos á vez que lles contaba a historia dos nosos cabaqueiros, orixe, destinos, traballo…, respondendo a todas as preguntas, curiosidades e dúbidas.
Despois visitaron o Centro de Interpretación dos Cabaqueiros, onde puideron visualizar o traballo de recollida de información e documentación dun oficio que forma parte do patrimonio etnográfico de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario