FESTIVAL INTERNACIONAL KEROUAC
De poesía e performance
O POETA E ESCRITOR FRANCISCO ÁLVAREZ ÁLVAREZ (KOKI), PARTICIPARÁ NA 8ª EDICIÓN DESE EVENTO

Infogauda / Redacción
Despois dunha andaina poética de sete edicións precedentes, e de haber recibido a máis de 150 artistas, en Vigo, Madrid e New York; do 4 ao 7 de outubro de 2018, celebrarase na cidade de Vigo, a 8ª edición do Festival Internacional Kerouac, de poesía e performance.
E nesta ocasión, o poeta Francisco Álvarez Álvárez (Koki), de A Guarda, voltará a participar nese importante evento cultural. Faráo o domingo día 7 de outubro, no Mercado do Berbés (rúa Teófilo Llorente, 20), de Vigo, a partir das 13:00 horas.
Nesa data - con entrada de balde -, ademáis de Paula Cascallar, de Vilagarcía; Carolina Conti e Federico Cendagorta, de A Coruña e La Plata; Silvana Lameiro e Javier Kniffi, de Buenos Aires e México; Brais Nogueira e Xoán López, de Vigo; Poesía Canalla, de Compostela; Cofre de poemas: Jaru Poefan, de Portonovo; estará Francisco Álvarez - Koki, de A Guarda, quen xa participou nunha das edicións neoiorquinas do Kerouac, e tamén en varias delas en Vigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario