28 de set. de 2018

A GUARDA

CULTURA MARÍTIMA

A ASOCIACIÓN PIUEIRO ESTÁ DANDO OS PRIMEIROS PRIMEIROS PASOS CARA UNHA BIBLIOTECA MONOGRÁFICA DO MAR

· Denominarase Paz Andrade, en recoñecemento a unha longa e fructífera etapa dunha familia que sempre estiveron vinculados o mundo do mar

Vista parcial das caixas de material bibliográfico que polo de agora queda en depósito nas dependencias da Confraría “Santa Tecla”
Foto: Piueiro

Celso R. Fariñas * / A Guarda

 Despois de manter varias xuntanzas sobre diversas actuacións en plan conxunto e de colaboración, Industrias Pesqueras, propúxolle a Asociación Cultural de Embarcacions Tradicionais Piueiro, a oferta de recibir unha serie de material bibliográfico vinculado o mundo do mar, que pola nosa parte aceptamos de xeito inmediato.  

 Informes, resúmenes e traballos sobre a vida do mar nos derradeiros anos da nosa comunidade, asi como publicacións sobre a vida do pobo galego e as transformacións no eido da pesca e mariñeira, deron para encher un feixe de caixas, e precisar de tres camionetas para o seu traslado ata A Guarda, e que de momento quedan en depósito nas dependencias da Confraría “Santa Tecla” ata que consigamos un local donde escomenzar a seleccionar e ordenar ditas publicacións.  

 Despois de recibir tal cantidade de documentación, que estamos convencidos, son precisos para que os nosos estudantes teñan unha fonte informativa e de estudo para desenrrolar distintos traballos, tanto a nivel de instituto como universitario, a Xunta Directiva, por unanimidade dos membros presentes na reunión, acordamos, asumilo compromiso de que a futura e non lonxana biblioteca, teña o nome de Paz Andrade, en recoñecemento a unha longa e fructífera etapa dunha familia que sempre estiveron vinculados o mundo do mar, ven sexa en publicacións, estudos, inversión e investigación naval, dende das primeiras décadas do século pasado. Nunha palabra con amor e defensa da terra e dos intereses xerais deste pais. 

 Tamén deixamos as portas abertas, para toda aquela xente que queira sumarse a esta iniciativa, aportando documentos, libros e distintos elementos do mundo mar e de coñecemento xeral.  

 Queremos deixar moi claro, que esta iniciativa, sigue no camiño trazado de afianzar e asegurar que Piueiro, viu para quedarse, e queremos ser un referente galego dende xa, no mundo do mar. Que seguimos traballando cara o futuro, en distintas actividades, e tendo como gran meta máis próxima, acadar o mellor resultado posible, no éxito colectivo do XIV ENCONTRO DE EMBARCACIONS TRADICIONAIS que se celebrará no noso pobo do 11 o 14 de xullo de 2019, pero sin esquecer que o mundo sigue despois desa data, e que continuaremos con aqueles proxectos de toponímia, marcas, recuperación de material etnográfico, etc., cara un futuro para mellorar a vida, a historia e as tradicións guardesas.  

* Secretario da Asociación Cultural de Embarcacions Tradicionais Piueiro

Ningún comentario:

Publicar un comentario