4 de set. de 2018

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

O Concello de A Guarda mellora a accesibilidade na Praia do Forte (O Muíño), en Camposancos  

Unha das máquinas que están situadas na zoa de intervención
Fotos: C. A.G.

 Infogauda / Camposancos

 Na xornada de onte día 3 de setembro, iniciáronse os traballos de retirada da senda peonil de madeira existente na baixada a Praia do Forte - coñecida internacionalmente como Praia do Muíño -, en Camposancos, no termo municipal de A Guarda.



 Desde o executivo municipal do Concello de A Guarda sinalan que «debido ao paso do tempo esta senda estaba xa moi deteriorada polo que se decidiu a súa substitución, así como a prolongación da mesma ata a zona do novo aparcamento, conectando estes dous espazos.  

 A nova pasarela estará construída en madeira contando cun ancho de 1,60 metros e unha lonxitude de 96 metros, unindo o aparcamento e a Praia do Muíño, o areal de maior afluencia na Guarda.  

 Estas obras de mellora realízanse grazas a unha subvención da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia que se reparte en dúas anualidades 2018 e 2019 cun investimento total de 24.161,10€ IVE incluido».

Ningún comentario:

Publicar un comentario