7 de set. de 2018

A GUARDA

A Guarda acolle esta fin de semana actividades medioambientais nas praias  















Infogauda / A Guarda

 Esta fin de semana A Guarda acolle actividades medioambientais destinadas ao fomento de boas prácticas nas praias do municipio.  

 Para este fin, e en coordinación coa concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda, o sábado 8 de setembro a praia marítima da Area Grande acollerá a primeira destas actividades en horario de 16:00 h. a 17:00 h. para concienciar á cidadanía cal é a duración real dos residuos que se verten nas nosas praias. 

 A segunda actividade realizarase na xornada do domingo día 9 de setembro na Praia do Forte (O Muíño), en Camposancos, en horario de 16:00 h. a 17:00 h.  

 Unha «palliña» das que se empregan para os refrescos pode tardar ata 200 anos en descompoñerse. Por iso é preciso facer que a xente saiba os tempos que tardan en desaparecer estes residuos do noso medio ambiente, para concienciar sobre outros usos, reciclaxe, emprego de papeleiras e contedores, entre outros.

 Actividade aberta a todo o público e de balde!

Ningún comentario:

Publicar un comentario