5 de set. de 2018

A GUARDA

REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE A OBRA DE HUMANIZACIÓN INTEGRAL DA RÚA CONCEPCIÓN ARENAL

· O xoves día 6 de setembro, ás 20:30 h., no Centro Cultural


Infogauda / A Guarda

 Polo lexítimo dereito dos veciños a estaren informados, desde Infogauda consideramos necesario decir que o Concello de A Guarda ven de remesar a algún inmoble con acceso pola rúa Concepción Arenal, unha comunicación que dí textualmente o seguinte:

 Estimado titular de licencia de vado:

 Seguro que es coñecedor de que a partir de mediados de setembro  e durante os próximos meses vaise a acometer a humanización integral da rúa Concepción Arenal.

 Sabemos que unhas obras desta envergadura  provocarán molestias e incomodidades aos residentes  e usuarios habituais desta rúa. A nosa intención e facer o posible por minimizar este inconvenientes.

 Por este motivo solicitamos a túa colaboración, para que informes aos propietarios e usuarios dos garaxes do teu inmoble da celebración dunha reunión informativa, sobre a obra de Concepción Arenal, no Centro Cultural o día 6 de decembro ás 20:30 h.

 Agradecemos de antemán a túa asistencia.

Antonio Lomba Baz

Alcalde da Guarda

Nota da Redacción de Infogauda:

 Desde este xornal dixital, consideramos que precisamente por tratarse dunhas obras de envergadura, por parte da Alcaldía debería habérselle dado a esa convocatoria a debida difusión pública, polas canles habituais (medios de comunicación social, redes sociais, páxina web do Concello e cartelería), a fin de que tódolos veciños (non somentes os titulares de licencias de vados), poidan ser coñecedores das correspondentes previsións do desenvolmento das obras.

Ningún comentario:

Publicar un comentario