CULTURA
"Paisaxe matriz II", do artista guardés Alfonso Vicente Rey, seleccionada para a XX Bienal Internacional de Arte de Cerveira
"Paisaxe matriz II", de Alfonso Vicente Rey
Ricardo Rodríguez Vicente / Vila Nova de Cerveira
A obra "Paisaxe matriz II", da autoría do artista Alfonso Vicente Rey (A Cruzada - A Guarda, 1973), foi seleccionada para formar parte da XX Bienal Internacional de Arte de Cerveira, que baixo o lema "ARTES PLÁSTICAS TRADICIONAIS E ARTES DIGITAIS - O DISCURSO DA (DES)ORDEM", se desenvolverá no Fórum Cultural de Cerveira, do 10 de agosto ó 23 de setembro de 2018.
En total foron escollidas 162 obras de 143 artistas.
En decraracións a este cronista, Alfonso Vicente Rey díxonos: «(...) "Paisaxe matriz II", trátase de unha xilografía sobre un soporte alternativo.
Tamén vou estar nos ateliers livres de gravura como coordinador, do 20 ao 30 de agosto. Os ateliers permitirán os participantes experimentar coa técnica do gravado en relevo (...)».
En total foron escollidas 162 obras de 143 artistas.
En decraracións a este cronista, Alfonso Vicente Rey díxonos: «(...) "Paisaxe matriz II", trátase de unha xilografía sobre un soporte alternativo.
Tamén vou estar nos ateliers livres de gravura como coordinador, do 20 ao 30 de agosto. Os ateliers permitirán os participantes experimentar coa técnica do gravado en relevo (...)».
ALFONSO VICENTE REY (FONSO)
Desde moi neno, Alfonso interesouse polas caricaturas, os cómics e o deseño artístico.
Compre relembrar que a carón da vivenda familiar de Alfonso, tiña seu estudo e residenza, o relembrado pintor paisaxista Xermán Rey Flores (A Guarda, 21 de agosto de 1921 – 21 de decembro de 2010), tío seu.
Alfonso Vicente Rey
Foto: Infogauda
Artista plástico e ilustrador freelance, logo de haber estado desde 2002 o 2004, na Facultade de Belas Artes de Pontevedra - onde solicitaría o traslado de expediente -, Alfonso acadou á Licenciatura en Belas Artes, pola Universidade de Salamanca. Posúe ademais, o título de Técnico Superior en Ilustración, que logrou na Escola de Arte Antonio Faílde, de Ourense.
Complementou súa formación coa participación en Obradoiros de gravado de José Fuentes Esteve – “Pepe Fuentes”, para seus alumnos - (Torrellano – Elche, 1951), artista plástico e catedrático de dibuxo e gravado na Universidade de Salamanca, no Espazo Cultural Palacio Los Serrano, de Ávila, nos anos 2007 - “El grabado y la pulpa de papel” - , 2008 - “El grabado a color y la pulpa de papel” -. e 2009 - “Grabado Objetual” -; así como en 2008, no Obradoiro de Antonio López, Cátedra Francisco de Goya, impartido igoalmente no Espazo Cultural Palacio Los Serrano, da capital abulense. Antonio López García (Tomelloso, 6 de xaneiro de 1936), pintor e escultor, e membro de número da Real Academia de San Fernando, de Madrid.
En 2009, Alfonso Vicente participou no Obradoiro Internacional de Tendencias Cerámicas de Sargadelos, en Cervo (Lugo).
En 2011, dentro das actividades programadas pola Bienal Internacional de Arte, de Vila Nova de Cerveira (Portugal), participou en dous workshops: Un de cerámica en forno de papel, dirixido por Joâo Carqueijeiro, na Casa do Artista; e outro de gravura, impartido por Choichi Nishikawa, tamén na Casa do Artista.
Asemade, en novembro de 2011, Alfonso Vicente participou n´un workshop de xilogravura, orientado por Hiroshi Maruyama, no Atelier de Gondar (Vila Nova de Cerveira).
No seu currículo figuran, entre outros, os dous primeiros premios, acadados en 2002 e 2004, respectivamente, no Concurso de pintura rápida, das Festas do Corpus, de Ourense; gañador do Concurso do cartel anunciador da XV Festa da Langosta (A Guarda, 2005); en 2002, 2003, e 2005, acadou accésits no Certame de pintura rápida ao aire libre Cidade de Lugo; en 2006, o Primeiro premio no Concurso Nacional de Dibujo Galería Artis, de Salamanca; e en 2013, o Primeiro premio no Concurso Iberart, na categoría Dibuxo-xeral. Madrid.
Alfonso Vicente Rey ten participado en varias exposiciones colectivas:
Galardoados no Concurso Nacional de Dibujo Galería Artis. (Salamanca, 2006); Alumnos taller de grabado de Pepe Fuentes-07, Espacio Cultural Palacio Los Serrano. (Ávila, 2007); Alumnos taller de grabado de Pepe Fuentes-07, Espacio Cultural San Martín de Arévalo. Ávila. Espacio Cultural Piedrahita. (Ávila, 2008); Alumnos taller de grabado de Pepe Fuentes-07, Espacio Cultural Barco de Ávila. (Ávila, 2009); Finalistas Prix Raymond Leblanc 2010-2011, Moof Museum. (Bruxelas, 2011); Grabado e innovación: cursos 2007, 2008 y 2009, Espacio Cultural Palacio Los Serrano. (Ávila, 2012); VIII Feria de Arte Contemporáneo de Arévalo. (Ávila, 2012); Viñetas desde o Atlántico, Panorama da BD Galega, Sala de Exposicións Salvador de Madariaga. (A Coruña, 2012); Finalistas Prix Raymond Leblanc 2011-2012, Moof Museum. (Bruxelas, 2012).
Asemade, do 16 ao 31 de maio de 2013 celebrouse na Griffin Gallery, de Londres a exposición "Talentos Europeos Actuales: España y Paises Bajos", cunha selección dos gañadores – entre eles Alfonso Vicente Rey - do premio IberArt e cos premiados do concurso holandés. E do 16 de setembro o 6 de outubro dese mesmo ano, á mostra colectiva foi no Museo ABC, de Madrid, onde tamén estivo representado o pintor da Cruzada. De xeito individual ten feito catro exposicións: A primeira no salón principal da sociedade Recreo Artístico Guardés (A Guarda, 1998); e posteriormente no Centro Cultural e Social de A Guarda, en 1999, 2000 e 2003.
Alfonso Vicente Rey ten colabourado con algún fanzine, ademáis de haber participado como deseñador de Banda Deseñada (BD), nas seguintes publicacions: In Memoriam (Deseños: Alfonso V. Rey – Guión: Kike Benlloch), editado por Alita Comics (A Coruña, 2012); A saudade ten o teu nome (Deseños: Alfonso V. Rey – Guión: Kike Benlloch), publicado no nº 6, da revista Barsowia, e súa versión en castelán, La nostalgia tiene tu nombre, no álbum Capital, de Edicións de Ponent (Alacante, 2006).
A labor creativa de Alfonso Vicente Rey tamén quedou reflectiva nos cómics Isolement e Dîner pour trois – dúas historias de catro páxinas e portada a cor, con títulos e textos en francés, porque así o esixían ás bases do concurso – que resultaron finalistas no Prix Raymond Leblanc – prestixioso premio anual promovido pola Fundación Raymond Leblanc, dirixido os xóvenes dibuxantes -, e que foron seleccionados entre os 15 finalistas (tanto en 2011 como en 2012) e por iso tiveron á honra de seren expostos no Moof Museum, de Bruxelas.
Alfonso tamén ten feito ilustracións para varias iniciativas comerciais, entre elas para á web Pesca do Río Miño e tamén para a dunha coñecida destilería de Goián.
Artista multidisplinar, Alfonso Vicente Rey traballa habitualmente na ilustración é o cómic – ou Banda Deseñada -, e o mesmo debuxa con lápices, que con tintas chinesas, pinta ao óleo e mesmo crea obra gráfica. Os diferentes procesos e técnicas que se empregan no gravado, son recursos que o artista guardés coñece e practica. De feito, os gravados teñen unha importante presenza na súa obra máis recente.
Paisaxes do noso entorno e mesmo de lugares exóticos, recunchos tanto urbáns, da vila de A Guarda como dos arredores, cuia pervivenza periga por mor da inexorable demolición de vellos inmobles, con soleira, para dar paso a impersonais edificios de nova factura, son algúns dos traballos que Alfonso Vicente ven realizando, a xeito de persoal memoria gráfica que non tanto hoxendía, senón máis adiante, serán testemuñas de un pobo que foi e do cal cada día que pasa, semella que está perdendo súa própia identidade urbanística e arquitectónica.
A obra deste xoven artista da Cruzada está en coleccions privadas e tamén en entidades públicas, entre elas a Caja de Ávila, en cuios fondos artísticos figuran varios gravados do artista da Cruzada, que foran realizados nos obradoiros impartidos por José Fuentes, que organizara á Obra Social desa entidade, e que foran presentados nas exposicións colectivas que se organizaron para mostra-los nos diversos espazos culturais que Caja de Ávila ten na provincia abulense.
Ningún comentario:
Publicar un comentario