UNHA MIRADA AO PASADO DUNHA PARROQUIA: SALCIDOS
O lugar da exposición, coma todos los anos, será o Salón Parroquial de Salcidos
Antonio Fontela Martínez / Salcidos
Un ano mais, coincidindo coas celebracions das festividades de San Lorenzo e San Roque, na parroquia de Salcidos (A Guarda), volvemos a ofrecer a súa xa tradicional exposición “SALCIDOS EN BLANCO Y NEGRO”, que este ano chega a súa 5ª edición, e que ven precedida da exitosa publicación que veu a luz no pasado Nadal.
Será un ano máis punto de encontro e visita obrigada, tanto dos veciños da parroquia como daqueles que teñen nela as súas raíces, ou queren recordar vellos tempos facendo un percorrido amplo e detallado das Xentes de Salcidos da primeira metade do século pasado. A mostra conta con máis de 600 fotografías, todas elas en gran formato e con melloras importantes este ano, tanto de diferentes imaxes como no formato de presentación, que recollen xentes, escenas populares, paisaxes e a historia dunha parroquia. As fotografías contan con pés de páxina que explican a data, o lugar e moitas das xentes que aparecen, unha labor desenvolvida o longo de moitos meses polo grupo do Facebook “Salcidos en Blanco y Negro” onde os seus participantes levan un frenético ritmo de recoñecemento, pero tamén desfrute, dalgunhas das fotos coas que contará a exposición, labor que tamén queremos agradecer.
Este ano, e gracias a importante colabora de Pepe Buraco e de Victoriano de Saladina, poderemos desfrutar dun especial das telleiras, con interesantes fotos e ferramentas dun oficio itinerante ancestral que posiblemente tivo a súa orixe na nosa parroquia, algo que sempre nos gustou poñer en valor.
O lugar da exposición, coma todos los anos, será o Salón Parroquial de Salcidos e a apertura de portas será este venres día 10 as 11 da mañá, coincidindo coa festividade do patrón da nosa parroquia, San Lorenzo, volvendo a abrir a partir das 7 en horario de tarde. A seguinte semana abrirá dende o 15 ata o 19 nos horarios que se poden observar no cartel adxunto.
Aproveitamos esta oportunidade para agradecer a participación de todo o pobo neste fermoso evento e invitar o resto dos veciños a sumarse e compartir nesta fermosa tarefa que é recordar o noso pasado, xa que está en preparación unha nova publicación para dar cabida a todo o que quedou no tinteiro...
Ningún comentario:
Publicar un comentario