21 de ago. de 2018

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

Segunda cita de Música nas Prazas  2018

· Este venres día 24 de agosto de 2018, ás 22:00h., na Praza de San Amaro, coa actuación de «Bieito Solo»


Infogauda / Camposancos

 Este venres día 24 de agosto de 2018, ás 22:00h., a Praza de San Amaro - tamén coñecida como O Terreiro -, en Camposancos, acollerá a segunda cita de Música nas Prazas 2018, coa actuación de «Bieito Solo».

 Entrada de balde.  

 Despois da primeira sesión celebrada no mes de xuño na Praza de Salcidos a cargo do grupo Liquen, agora é a quenda de «Bieito Solo», que acompañado da súa guitarra demostrará aos asistentes o seu bo facer e amplo dominio deste instrumento con versións de coñecidas cancións así coma interpretacións propias, pasando por unha ampla gama de estilos musicais. 


 A programación de Música nas Prazas 2018 rematará o día 7 de setembro ás 22:00h., na Praza do Reló, coa actuación de Pepe Vaamonde Trío. 


 Música nas Prazas chega neste ano 2018 á súa terceira edición, fomentando a música en diferentes espazos públicos do municipio, tentando dar visibilidade e dinamismo a todos eles por igual, levando a cultura musical a todas as parroquias da vila. Ao longo deste tres anos foron moitas as formacións musicais do panorama local e galego que teñen pasado polas prazas da vila guardesa, entre elas, De Vacas, Sonus de Gaya, Indomables Coverband, Argonat Band, Mbolo Mooye Doolé, Carmen Johns, ..., entre outros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario