7 de ago. de 2018

A GUARDA

Información para os usuarios do porto e o público no espectáculo pirotécnico das Festas do Monte Santa Trega, 2018


 Con motivo da celebración das Festas do Monte Santa Trega, 2018 e do espectáculo pirotécnico que terá lugar no recinto portuario o próximo luns 13 de agosto, o Concello da Guarda aconsella atender á información de interese para os usuarios do recinto portuario e ás recomendacións para o público que esa noite se achegue ó porto, a fin de que todos poidamos gozar do espectáculo nas mellores condicións.  

 Así, entre outras medidas de prevención, durante a tarde e a noite do martes quedará prohibido o acceso ó espigón norte e a navegación e o fondeo polo recinto portuario dentro da zona de seguridade habilitada. Así mesmo, limitaranse as entradas e saídas de embarcacións ao mínimo e imprescindible. 

 Amais de acudir cun tempo de antelación mínimo aconsellado de 45 minutos, aquelas persoas que se acheguen ó porto na última noite das Festas do Monte Santa Trega, haberán de atender ás instruccións do persoal de seguridade e a organización do evento, que aconsellan non aproximarse o lugar onde se tiran os fogos de artificio, sendo a distancia aconsellable uns 400 metros. Para aquelas persoas que acudan con nenos, recoméndase posicionarse na zona do paseo marítimo, onde a balaustrada e as defensas garanten a seguridade e comodidade das familias. 

Recomendacions do Concello espalladas por varios lugares do municipio

 Para coñecer todas as recomendacións para o público e a información de interese para os usuarios do recinto portuario, compre ler detidamente á información sobor do evento, nos que se achegan os mapas orientativos coas zonas de seguridade sinaladas, así como as zonas aconselladas de aparcamento e puntos de atención sanitaria en caso de incidente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario