DEPORTES
Recepción oficial aos equipos participantes no torneo de balonmán Summer Bag Experience
Na imaxe ás xogadoras, técnicos, directos e e concelleiros participantes na recepción oficial na Casa dos Alonso
Fotos: C. A.G.
Infogauda / A Guarda
O Concello da Guarda realizou na mañá deste mércores día 22 de agosto unha recepción oficial na Casa dos Alonso, aos 4 equipos participantes no torneo de balonmán feminino Summer Bag Experiencie que comezou no día de onte no Pavillón Municipal da Sangriña.
De esq. a der.: José Manuel Silva Vicente, Montserrat Magallanes Álvarez e Manuel Javier Crespo González
Máis de 80 xogadoras da DHF, pertencentes aos equipos Super Amara Bera Bera, Aula Alimentos Valladolid, Helvetia Bm. Alcobendas e Mecalia Atlético Guardés, foron recibidas polo concelleiro de Deportes, Manuel Javier Crespo González, a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez e tamén polo presidente do Mecalia Atlético Guardés, José Manuel Silva Vicente.
Montserrat Magallanes coa capitana do Super Amara Bera Bera
Manuel Javier Crespo González coa capitana do Helvetia Bm. Alcobendas
Montserrat Magallanes coa capitana do equipo Aula Alimentos Valladolid
Manuel Javier Crespo González con Estela Doiro Rodríguez, capitana do Mecalia Atlético Guardés
Cada un dos equipos participantes recibiu un agasallo por parte do Concello da Guarda, realizando tamén unha fotografía de grupo con todos os participantes nesta recepción oficial.
As xogadoras e equipos técnicos e deportivos participaron tamén ao longo desta xornada nunha visita guiada pola técnica de Turismo do Concello aos lugares de maior importancia turística do municipio, coma a Citania de Santa Trega e as escavacións do Poboado de Mergelina.
Ningún comentario:
Publicar un comentario