A GUARDA COMEZA AGOSTO CON UN FEIXE DE ACTIVIDADES PARA TÓDALAS IDADES
Deportes, exposicións, gastronomía, tradición, verbenas, visitas guiadas,...
Deportes, exposicións, gastronomía, tradición, verbenas, visitas guiadas,...
O municipio de A Guarda inicia o mes de
agosto cunha ampla programación de actividades coma antesala ás Festas do Monte Santa Trega que terán lugar a partires do vindeiro luns. As Festas de San Caetano, o IV Galifornia Beat ou eventos deportivos coma o XVI Open de Tenis do Clube
Codesal, as Carreiras Pedestres das Festas do Monte ou o Torneo de Hockey Liñadas Festas do Monte.
Xoves 2 de agosto:
As Festas de San Caetano abren este
xoves a programación de actividades coa subida do Arco Floral, unha
singularidade desta festa, que foi recuperada fai uns anos pola comisión de festexos. Realizarase ás 21:00h.
Venres 3 de agosto:
Dentro da programación das Festas de
San Caetano o grupo A Boalleira percorrerá as rúas do
barrio e celebrarase unha sardiñada ás 21:00h, con posterior verbena a cargo do
grupo América.
A Sala de Exposicións da Casa dos Alonso da Guarda acolle a
Exposición fotográfica «Así Somos», unha mostra que recolle a través de imaxes
o día a día da poboación guardesa, en
horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h.
O IV Galifornia Beat arranca o venres
ás 12:00h coa apertura da zona gastronómica coa asistencia de varios foodtrucks
e un marketplace, un espazo reservado para todo aquel que desexe amosar o seu
traballo, tanto artesanal, artístico coma empresarial, obradoiros, etc. Contará
o Marketplace coa colaboración de Peluq art, peluqueria e estética pola
voluntade, onde os fondos recadados serán destinados a organización do evento.
Ás 14:00h do venres abrirase a quenda
para que todos os participantes nas diferentes modalidades realicen skate libre
e coñezan as instalacións do Galifornia Beat, iniciándose ás 19:00h a primeira
competición co Best Trick e ás 20:00 a «Batalla de Gallos», unha novidade desta
IV edición que consiste no enfrontamento entre dous rapeiros (MC), onde cada un
ten un minuto e o seguinte ten outro para facerlle a réplica ao primeiro.
Valorarase a dificultade das rimas, o flow e a capacidade de réplica, contando
cun primeiro e segundo premio.
Ás 21:00h arrancarán os concertos desta primeira xornada que
correrán a cargo das bandas Glitter & Litter (Pontevedra), Crema (Gijón),
Viva Belgrado (Córdoba), Kings of the Beach (Vigo) e unha gran afterparty nas
Pozas, que porá o punto e final desta primeira xornada.
Durante a xornada deste sábado realizaranse 3 visitas guiadas ao
Monte Santa Trega, ás 11:30h con saída do Castro e ás 12:30h e 17:00h, respectivamente, con saída
dende o Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT).
Sábado 4 de agosto:
Dentro da programación das Festas de
San Caetano o grupo A Boalleira percorrerá as
rúas do barrio e pola noite verbena coas orquestras Zeltia e Ámbar.
A Sala de Exposicións da Casa dos
Alonso da Guarda acolle a Exposición fotográfica «Así Somos», unha mostra que
recolle a través de imaxes o día a día da poboación guardesa, en horario de 12:00 a 14:00h e de 19:00 a
22:00h.
O pavillón
Antonino Torrón do colexio As Solanas acolle o tradicional torneo Festas do
Monte de Hockey Liña, organizado polo clube local A Guarda Hockey Liña e coa
colaboración da Comisión das Festas do Monte Santa Trega, a edición de este ano disputarase
en formato triangular entre os equipos infantís de A Guarda Hockey Liña,
Morcegos HL de Ourense e Vigo Blue Ringed. Así mesmo na categoría senior mixto
o trofeo xogarase entre A Guarda Hockey Liña e Abuelos Team, conxunto formado
por xogadores veteranos dos equipos da contorna.
Ás 19:00h
terán lugar as Carreiras Pedestres das Festa do Monte Santa Trega, que sairán dende a
Alameda da Guarda.
Na xornada do sábado día 4 de agosto
o IV Galifornia Beat arranca de 10:00h a 11:00h coa apertura de inscricións
para a proba de Street Sub 16, que se iniciará ás 11:00h e na cal a
organización quere premiar á canteira, cunha competición adicada especialmente
aos máis pequenos con rondas eliminatorias de dous minutos onde o xurado
valorará aos riders polo seu flow, trucos e orixinalidade.
Ás 12:00h chegará a
hora da WS Skateboard School, unha escola de
skate para nenos e de balde, onde os máis pequenos poderán aprender este
deporte da man de profesionais e ás 13:00h realizarase un concerto e sesión
vemouth a cargo d do grupo de música os Lombardi (Portonovo) e sesión do DJ
Nacho Saa (Vinilo set).
Entre as 14:00 e as 16:00h abrirase
o prazo de inscricións para o resto de probas deportivas que se celebrarán pola
tarde, iniciando esta quenda a de Open S.K.A.T.E. ás 16:00h, unha das probas
máis técnicas onde os trucos e as acrobacias serán os protagonistas.
Ás 17:00h terá lugar o Open Street,
onde se permite aos participantes un tempo libre para practicar facendo
eliminatorias cun determinado tempo ata chegar ás finais.
Ás 18:00h arrancará a exhibición de
Biketrial, modalidade onde cada rider ten que sortear diferentes obstáculos co
mínimo apoio cos pés.
A Masterclass Break Dance chegará
sobre as 18:00h, unha actividade para todas as idades, onde poderedes aprender
os pasos básicos desta disciplina e ademais gozar dun agradable momento.
Ás 20:00h chegará o momento do Open Mini
Ramp, unha proba que se realiza nun half con rondas individuais e na que os
riders realizan trucos coma se dunha coreografía se tratase. Neste momento
iniciaranse os concertos a cargo dos grupos Milhomes (A Guarda) e
Fuzzil (Portugal).
Xa ás 22:00h realizarase a entrega de
premios e posterior afterparty nas Pozas con Captain Jail Rock DJ.
Domingo 5 de agosto:
Dentro da programación das Festas de
San Caetano ás 10:00h entrada no recinto de
festas do Grupo A Boalleira, ás 11:30 Misa Solemne con sermón e procesión
cantada polo Coro Parroquial. Remate coas tradicionais poxas a partires das
19:00h.
A Sala de Exposicións da Casa dos
Alonso da Guarda acolle a Exposición fotográfica «Así Somos», unha mostra que
recolle a través de imaxes o día a día da poboación guardesa, en horario de 12:00h a 14:00h.
Tamén na xornada do domingo
celébranse as finais e entrega de trofeos do XVI Open Club de Tenis Codesal e
do I Open Feminino Concello da Guarda nas instalacións do Club de Tenis Codesal
en A Pasaxe (Camposancos).
Durante a xornada deste domingo
realizaranse 3 visitas guiadas ao Monte Santa Trega, ás 11:30h con saída do
Castro e ás 12:30h e 17:00h con saída dende o Museo Arqueolóxico do Monte Santa
Trega (MASAT).
Ningún comentario:
Publicar un comentario