2 de ago. de 2018

A GUARDA

A exposición fotográfica «Trieb» inaugúrase o 7 de agosto

Nas instalacions do Centro Cultural 

Infogauda / A Guarda

 A Sala de exposicións do Centro Cultural da Guarda acolle dende o martes 7 de agosto e ata o  18 de agosto a Exposición de fotografía «Trieb», da autoría de Jesús Rodríguez Ortíz.  

 Jesús Rodríguez Ortíz é un médico pediatra descendente de familia guardesa nado en Bilbao e é un apaixonado da fotografía, participando en varios concursos, publicacións, libros e mesmo na Revista National Geographic, cunha fotografía do Museo Guggenheim de Bilbao.  

 Forma parte do Centro de Fotografía Contemporánea de Bilbao (CFC), onde acadou un novo obxectivo na súa obra fotográfica, expresar a través das fotografías a sensación persoal de como se ven as cousas que nos rodean.  

 O título desta exposición «Trieb», ven dun impulso, dunha mirada, aquela mirada da despedida do seu pai antes de falecer.  

 Nesta mostra fotográfica, cun total de 18 fotografías, 14 delas en tamaño 20x30, amósase a través de imaxes en branco e negro a súa maneira de expresar as cousas con lugares da vila da Guarda. Ademais, os visitantes que se acheguen a esta exposición, poderán desfrutar dun portaretratos moi especial, feito en madeira polo seu avó, unha herdanza familiar.  

 A exposición se pode visitar nas instalacións do Centro Cultural da Guarda, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00h  e os sábados de 10:00h a 13:00h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario