21 de xul. de 2018

O ROSAL

CAMPAMENTO DE VERÁN 



Informa: Concello do Rosal

 O Concello do Rosal organizou un ano máis, a través do Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar na tempada de verán, o campamento de verán e o de inglés. 

 O campamento de verán comprende os meses de xullo e agosto de 2018 en horario de 9:00h a 14:00h. en el participan un total de 36 nenos do Rosal. 

 A temática escollida a traballar este ano versa sobre o impacto dos humanos na Terra, co obxectivo último de compartir cos nenos/as ideas de sostenibilidade, consumo responsable e aprendizaxe de novas culturas e civilizacións. 

 Para poder acadar o noso obxectivo, cada semana tratamos un tema concreto como por exemplo os océanos, a fauna e a flora, culturas do mundo, etc., e en base a ese tema se traballan ás diferentes actividades. (creatividade, intelixencia emocional, resolución de conflictos, dinámicas de grupo, manualidades, saídas, obradoiros externos…..) 

 Ditas actividades desenvólvense en todo momentoa abarcando a atención á diversidade e apoio persoal para aqueles cativos con algún problema de conduta ou do desenvolvemento (Autismo, Asperger, TDAH, etc.).

Ningún comentario:

Publicar un comentario