Adíanse as folgas do mantemento de parques e xardíns de Vigo e da recollida do lixo de Nigrán
· Mentres á espera da mediación
Infogauda / Vigo / Nigrán
Os cadros de persoal do mantemento de parques e xardíns do Concello de Vigo e da recollida do lixo do Concello de Nigrán decidiron hoxe adiar as folgas indefinidas previstas nestes servizos a partir deste xoves 26 polo bloqueo nas negociacións do convenio colectivo á espera do resultada da mediación que terá lugar o venres. Así o ven de afirmar a este xornal dixital, Transi Fernández, secretaria nacional da CIG-Servizos.
Segundo pudo saber Infogauda, no caso da recollida do lixo e limpeza viaria e de praias de Nigrán foi o propio alcalde da localidade o que solicitou o adiamento do paro na xuntanza celebrada esta mañá coa representación sindical despois de que empresa e traballadores/as achegasen posturas unha vez que a dirección amosouse disposta a aumentar a suba salarial até o 4% total nos tres anos de duración do novo convenio, aínda que existen diferencias en canto ao pago da antigüidade. Deste xeito, o cadro de persoal optou por adiar o comezo da folga ás 23:00 horas do venres no caso de que pola mañá non se chegue a un acordo coa mediación da Consellaría de Traballo.
Con respecto ao servizo de mantemento dos parques e xardíns de Vigo, os traballadores/as suspenderon a folga até que non se celebra a mediación prevista na Inspección de Traballo para o xoves ás 10:30 horas. Ao día seguinte ás 7:00 horas celebrarán unha asemblea na sede da empresa para analizar o resultado do encontro e decidir se continúan adiante coa folga.
Ningún comentario:
Publicar un comentario