2 de xul. de 2018

DEPORTES

PIRAGÜISMO

TRES MEDALLAS PARA OS TEIXUGOS NA PRIMEIRA COPA DE ESPAÑA DE XOVES PROMESAS  



Informa (fotografías e redacción): Rosa Fernández Carrera

 Esta fin de semana tivo lugar na localidade catalá de Arfa, na Seu d´Urgell, a 1ª Copa de España “Jóvenes Promesas” no que participan piragüistas de toda España das categorías cadete, nenas e nenos  nacidos no 2002 e 2003, infantil A, ou nacidos no 2004 e infantil B do 2005. Durante o sábado celebráronse dúas mangas clasificatorias e o domingo tiveron lugar as finais, rematando O Club Deportivo Miño con tres medallas no seu haber, unha de prata e dúas de bronce, e conseguindo meter a case todos os seus deportistas en finais, todo un logro para o club.





 A representación do Club Deportivo Miño-Teixugos estivo formada por seis deportistas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario