O POETA FRANCISCO ÁLVAREZ ÁLVAREZ (KOKI) PARTICIPOU EN VOCES DEL EXTREMO: MUJERES Y POESÍA
Tivo lugar do 25 ao 28 de xullo, de 2018, en Moguer (Huelva)
O poeta Francisco Álvarez Álvarez (Koki), na Casa Natal de Juan Ramón Jiménez
Vista parcial do público que escoitou á lectura de poemas de Francisco Álvarez (Koki)
Fotos: Loli Estévez
Infogauda / Moguer (Huelva)
Dirixido polo poeta Antonio Orihuela (Moguer, 1965), ven de celebrarse do 25 ao 28 de xullo, de 2018, en Moguer (Huelva), o Encuentro de Poetas en Moguer, Voces del Extremo: Mujeres y Poesía, que na súa XX edición estivo adicada á muller.
No evento de poesía comprometida, que se desenvolveu en varios enclaves: Casa Museo y Fundación Zenobia Juan Ramón Jiménez; Plaza de las Monjas; Casa Natal de Juan Ramón Jiménez; Fuentepiña; rúas de Moguer e na Peña del Cante Jondo, desa poboación; así como na Casa Grande (Sala Gómez Feu), de Ayamonte, e na Casa de las Retamas (Isla Canela); participaron máis de un cento de creadores de diversas procedencias, tanto españois, como de outros países, entre eles Argentina, Francia, Marrocos, México Portugal,...
O poeta Francisco Álvarez Álvarez (Koki), de A Guarda, participou nese encontro literario o sábado día 28 de xullo, ás 12:00 h., na Casa Natal de Juan Ramón Jiménez, con unha lectura de poemas, acto no que tamén interviron Esther Sanz, Teresa Ramos, Manuel Parra, Carlos Ávila e Ányelo Fernández.
Compre salientar que respostando á temática do mesmo, e a filosofía juanramoniana "amor y poesía cada día", no Encuentro de Poetas en Moguer, Voces del Extremo: Mujeres y Poesía máis da metade dos participantes foron mulleres.
Poesía, cinema, conferencias, escultura, música, pintura, performance,..., tiveron cabida nese encontro cultural que acolleu Moguer, un punto de referencia cultural, presidido pola lembranza permanente, en rúas, prazas, colexios,..., a Juan Ramón Jiménez, poeta e escritor, gañador do Premio Nobel de Literatura, en 1956, autor, entre outras obras da narración lírica Platero y yo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario