Inscricións abertas para a Andaina da Romaría de São João d’Arga
As persoas interesadas en asistir a esta emblemática romaría de Caminha deben inscribirse ata o 27 de xullo
Romeiros a carón do mosteiro de São João d’Arga
Foto: C. M. C.
Infogauda / A Guarda
O martes 28 de agosto retomaranse as andainas organizadas polo Concello da Guarda e a Câmara Municipal de Caminha, coa Romaría de São João d’Arga.
Organizada pola Uniâo de Paroquias de Caminha e Vilarelho, co apoio da Câmara Municipal de Caminha, a andaina da romaría contará cun percorrido de 20 km, cunha dificultade media-alta, dende Caminha ata Arga de São João, sita na Serra d’Arga. Este é o percorrido que facían os peregrinos na véspera da festa.
No camiño pasaremos polas parroquias de Vilarelho, Venade, Azevedo e Dem. Haberá pausas durante a ruta, para descansar e agrupar aos participantes. En Dem, a organización programou un descanso máis longo para un breve avituallamento e, ao final da andaina, os participantes poderán compartir o xantar que leven como marca a tradición.
A chegada ao mosteiro de Arga de São João está programada para as 19:00 horas. O autobús de regreso a Guarda agardará aos participantes en Santo Aginha (Arga de São João), a uns 2 km do mosteiro, sobre as 21;30 horas, polo que a chegada a localidade da Guarda está prevista a partir das 22:00 horas, despois de desfrutar da tradicional romaría de Sâo Joâo d'Arga.
Aquelas persoas interesadas en asistir a esta emblemática romaría de Caminha deben inscribirse ata o 27 de xullo na Oficina de Turismo da Guarda no teléfono 986 614 546, ou ben a través do enderezo electrónico turismo@aguarda.es.
O traslado dos participantes realizarase en autocar se hai un mínimo de persoas inscritas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario