25 de xul. de 2018

A GUARDA

O deporte guardés destaca e goza de boa saúde  

Rosalía Soler Lomba, na parte máis alto do podio, campioa galega absoluta en 50 espalda e campioa nos relevos de 4x50 e 4x100 estilos
Fotos: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 A actividade deportiva na vila da Guarda sempre tivo boa saúde e mostra disto foi a intensa representación de modalidades deportivas e competicións nas que participaron diferentes deportistas da vila, así coma os eventos deportivos nos que os deportistas guardeses destacaron durante a pasada fin de semana.  

O cheo foi absoluto, amosando as gradas unha perspectiva incríbel

 Por unha banda o pasado venres día 20 de xullo o Estadio Municipal da Sangriña acolleu a II Mostra C.D. Baixo Miño, un evento multidisciplinar onde realizáronse exhibicións de Judo, Zumba, Pilates e Baile moderno da Escola Marcando Pasos Baixo Miño, todas elas realizadas polos 200 alumnos do C. D. Baixo Miño, de A Guarda.

Deportistas participantes na II Mostra C.D. Baixo Miño 

 O cheo foi absoluto, amosando as gradas unha perspectiva incríbel, cun público entregado que animou aos deportistas ao longo do evento, dende a Concellería de Deportes do Concello da Guarda quérese dar os parabéns á organización deste evento deportivo.       

O alcalde de A Guarda e o concelleiro de deportes, cos representantes dos equipos que destacaron na cuarta edición do Torneo de Baloncesto de verán 3x3 Vila da Guarda

 Xa na xornada do sábado, as pistas deportivas do Centro Cultural da vila acolleron a cuarta edición do Torneo de Baloncesto de verán 3x3 Vila da Guarda, que contou coa participación de 12 equipos, destacando a presenza de conxuntos de toda a xeografía galega, nun torneo que estivo organizado por Baixo Miño Basket, coa colaboura da Concellería de Deportes do Concello da Guarda e de varias entidades comerciais. 

Elsa Pena Vicente - na parte máis alta do podio -, proclamouse campioa galega de triatlón individual e por equipos

 En canto aos éxitos deportivos acadados polos deportistas guardeses na pasada fin de semana destaca a atleta Elsa Pena Vicente, proclamouse o pasado domingo en Ferrol, campioa galega de triatlón individual e por equipos. Elsa é unha atleta de raza, que segue amosándose intratable na categoría cadete, e forma parte do Clube Cidade de Lugo Fluvial. 

Sergio Rodríguez Teixeira participou no Campionato de España Absoluto de Atletismo

 Tamén en atletismo, Sergio Rodríguez Teixeira acadaba unha marca de 21.92 en 200 m., no Campionato de España Absoluto celebrado en Getafe. Aínda que esta marca non lle permitiu subir ao podio, é todo un orgullo para A Guarda ter a un atleta participando nesta competición.  

 Por outra banda tamén destacaron na modalidade de Natación, Rosalía Soler Lomba, unha rapaza de 18 anos que proclamouse campioa galega absoluta en 50 espalda, 4ª en 50 e 100 mariposa, así coma campioa nos relevos de 4x50 e 4x100 estilos. Tamén o seu irmán Iago Soler Lomba, de 13 anos, participou no Campionato de España celebrado en Sabadell, onde mellorou a súa marca persoal, rematando no posto 20º na súa categoría en 100 espalda. 

 Asemade, a nadadora guardesa Noa Baz Baz, de 17 anos de idade acadou a plata junior en 4x100 libres, 4x100 estilos e 4x200.  

 Dende o Concello da Guarda, a través da Concellería de Deportes se quere felicitar a estes deportistas polos seus logros, animando a cidadanía a involucrarse e a realización de práctica deportiva, hábitos saudables e a gozar dos múltiples beneficios do exercicio físico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario