Máis de 650 deportistas participarán do 13 ao 15 de xullo no Campionato Galego de Balonmán Praia Concello da Guarda
O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz - no centro da imaxe -, e o concelleiro de Manuel Javier Crespo González, xunto co portavoz de Evento Global
Foto: C. A. G.
Infogauda / A Guarda
O Concello da Guarda prepárase para recibir a máis de 650 deportistas que participarán a vindeira fin de semana no Campionato Galego de Balonmán Praia que se celebrará nas instalacións deportivas municipais do Codesal, en Camposancos.
Esta competición, que xa fixo escala noutros municipios galegos coma Vigo, Cesantes ou Poio, celebrarase na Guarda dende o venres día 13 ata o domingo día 15 de xullo, unha oportunidade excepcional para coñecer e ver de preto a xogadores federados de clubes de toda Galicia.
As inscricións están abertas ata este martes, día 10 de xullo as 20:00h, a través da páxina web www.verandeportivo.com, contando con varias categorías e modalidades de competición.
Este evento está organizado polo Concello da Guarda en colaboración con Evento Global e a Federación Galega de Balonmán.
Contarase cunhas instalacións con 4 campos de xogo habilitados para poder realizar partidos simultáneos, a dous sets, e onde priman as acrobacias e trucos para acadar mellores puntuacións, polo que o espectáculo está asegurado.
Este evento congregará na Guarda a máis de 600 persoas polo que o impacto económico será notable no comercio e hostalaría do municipio.
Horarios:
Venres 13 de 16:00 h a 21:00 h
Sábado 14 de 9:0 0 h a 21:00 h
Domingo 15 de 9:00 h a 21:00 h
Ningún comentario:
Publicar un comentario