A Guarda culmina con éxito a XXVIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira
· Máis de 20.000 persoas pasaron polas instalacións desta festa, declarada de Interese Turístico de Galicia
As langostas foron as raíñas deste evento gastronómico
Infogauda / A Guarda
O municipio de A Guarda acolleu do venres día 6 ao domingo día 8 de xullo, a XXVIII edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira. Este evento gastronómico, incluido desde fai anos no calendario institucional como Festa de Interese Turístico de Galicia, conta cunha gran traxectoria. Dese xeito, durante toda a fin de semana os participante puderon disfrutar de un total de 24 pratos da cociña mariñeira, ademais de sobremesas, acompañados dos viños da Subzona do Rosal da D. O. Rías Baixas.
A afluencia de comensais e visitantes foi extraordinaria ao longo destas tres xornadas de festa, superándose todas as expectativas. O público que visitou A Guarda procedía de maioritarimente de varias Comunidades Autónomas de España e por suposto tamén de Portugal, e doutros países de Europa e de América.
A concelleira de Turismo do Concello da Guarda, Montserrat Magallanes Álvarez valorou esta XXVIII edición como a mellor das últimas 5 edicións, cunha extensa programación de actividades para todos os públicos que motivou unha masiva resposta por parte dos comensais.
Os hostaleiros resaltaron que a venda de produtos foi un éxito, tendo que facer acopio de máis materia prima ante a gran “avalancha” de comensais, que dende o primeiro día desta festa, se desprazaron ata a carpa do porto para degustar e gozar da gastronomía galega e da cociña mariñeira.
Os comensais valoraron a ampla oferta gastronómica, cun total de 24 pratos da cociña mariñeira, viños da D.O. Rías Baixas e sobremesas onde non faltou a recoñecida Rosca de Xema Guardesa.
O actor, humorista e cantante galego Nancho Novo, foi o responsable de dar o pregón desta edición o pasado venres na Praza do Reló da Guarda.
A afluencia de público e comensais na xornada do venres foi moi importante. Os restauradores participantes nesta edición afirmaron: “Superáronse as expectativas para a primeira xornada con creces. Tivemos que facer acopio de produtos que tiñamos para a segunda xornada polo que o balance desta festa é moi positivo”.
Para finalizar este primeiro día da XXVIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira realizouse un serán mariñeiro contando coas actuacións de grupos tradicionais y de pandeireta que amenizaron esta noite.
Grupo de Gaitas A Boallleira, de A Gándara (A Guarda)
Xa na xornada do sábado 7 de xullo a programación de actividades comezaba sobre as 11:00 horas co pasarrúas do Grupo A Boalleira da Gándara, dando lugar a apertura da Feira de Artesanía, que nesta edición contou cunha trintena de stands, localizados no Paseo do Porto. Sobre ás 12:00 do mediodía tiña lugar a XXIII Travesía a Nado do Porto da Guarda, un evento deportivo que congregou a máis de 50 deportistas que competiron en diferentes categorías nun percorrido de 1.200 m.
Nesta XXIII edición resultaron gañadores absolutos Marcos Martínez Martínez e Antía Ortego Porta, entregándose ademais premios para o Nadador máis xove, Hugo Calvo Castro, o nadador máis veterano, Juan Enrique Salgado González, a nadadora máis xove, Laura Blanco Pérez para a nadadora máis veterana, Iria Álvarez Nion.
Acevedos Delgados
O Grupo Acevedos Delgados foi o encargado de amenizar musicalmente a hora do xantar, onde a afluencia de comensais voltou a ser moi significativa, ao igual que na xornada inaugural do venres, superando novamente as expectativas.
Pola tarde os máis cativos gozaron dos inchables acuáticos e co espectáculo de Maxia realizado por Valeria Varitas.
O cómico e monologuista Oswaldo Digon na súa actuación
Ás 21:00 horas o cómico e monologuista Oswaldo Digon realizou unha actuación baseada nas experiencias do día a día, historias que ten escoitado e que a cotío suceden á maioría de nós, un momento que foi seguido pola gran afluencia de comensais que xa se preparaban para o xantar
na carpa do Porto.
O Grupo MITIC en concerto
Un dos espectáculos máis agardados chegou nesta noite coa actuación - no Portiño Novo -, do Grupo MITIC, onde a gaita foi a protagonista acompañada doutros instrumentos de vento, corda e percusión. Máis de 15 músicos ofreceron un concerto no exterior da carpa cunha proposta diferente onde reinventaron aos clásicos do rock e do pop con versións de AC/DC, Cómplices,... concerto que foi seguido de preto por centos de persoas.
Na derradeira xornada desta XXVIII edición A Boalleira voltou a facer un pasarrúas e o Grupo de pop-rock Acevedos Delgados fixo unha actuación musical para amenizar o inicio do xantar na carpa do porto, e tamén a esa mesma hora iniciose o obradoiro infantil de Mini-chef, onde os máis pequenos puideron participar na creacións e pratos e traballar na cociña.
O cómico Roi Borrallas ofreceu un espectáculo moi especial e animado para a mocidade e adultos, unha velada de maxia e diversión amenizando o xantar aos asistentes contando coa súa complicidade, seguido dunha segunda actuación de Acevedos Delgados.
Xa pola tarde entre ás 17:00 e ás 20:00 horas, os máis pequenos tiveron novamente a oportunidade de gozar coas instalacións de inchables acuáticos, unha nova proposta infantil incorporada nesta edición e que contou cunha boa aceptación e acollida. Ás 19:00 horas. Peter Punk e Brais das Hortas realizaron un concerto de Punkinfantil no exterior da carpa, contando con máis dun centenar de asistentes.
Vista parcial do interior da carpa, co público disfrutando dunha das actuacions programadas
Como peche da festa, celebrouse a Noite de Fado, coa actuación estelar de Celina da Piedade, recoñecida artista portuguesa que ofreceu unha viaxe pola música tradicional portuguesa co seu acordeón, un concerto íntimo e directo que voltou a encher a carpa do porto, cun público moi entregado á música portuguesa. Ao remate o alcalde da Guarda entregoulle un agasallo conmemorativo a esta gran artista.
Durante toda a fin de semana A Guarda ofreceu visitas guiadas á Rede de Museos, formada polo Museo do Mar, a Fortaleza de Santa Cruz e o Monte de Santa Trega, houbo unha gran feira de artesanía e tamén dispúxose dunha pantalla xigante para o seguimento dos partidos do Mundial de Fútbol.
Sen dúbida foi unha extraordinaria edición, superada polas expectativas iniciais e que unha vez máis puxo de manifesto o gran atractivo desta festa e da vila da Guarda para ofertar aos visitantes e os veciños do municipio e da comarca do Baixo Miño, produtos e servizos de primeira calidade.
A langosta, con máis de 400 quilos vendidos, foi, unha vez máis, a raiña do evento gastronómico. Os percebes, con máis de 100 quilos vendidos, as zamburiñas, con máis de 70 quilos vendidos, os mexillóns, con máis de 130 quilos vendidos, e outros produtos como a paella con máis de 370 racións ou a empanada, con máis de 900 racións, deron satisfacción a tódalas persoas que participaron nesta exitosa edición
Ningún comentario:
Publicar un comentario