Noites no Castelo
As actuacións de Ardentía e Milladoiro convidan a guardeses e visitantes
· O sábado día 21 de xullo a partires das 22:30 horas, na Fortaleza de Santa Cruz
Infogauda / A Guarda
O vindeiro sábado
día 21 de xullo a partires das 22:30 horas celébrase unha nova edición de Noites no
Castelo, un festival organizado dende a Concellería de Cultura do Concello da
Guarda e que está subvencionado pola Deputación de Pontevedra.
Nesta cuarta
edición contarase coas actuacións dos recoñecidos grupos de música Ardentía e
Milladoiro, enchendo de boa música galega este emblemático espazo da vila
guardesa, declarado Ben de Interese Cultural (BIC).
Ardentía
Ardentía
A actuación do
grupo Ardentía está prevista para as 22:30 horas. Este grupo de música galega será o
encargado de inaugurar esta cuarta edición de noites no Castelo.
Ardentía é un
grupo de música tradicional galega nado en 1990 na cidade de Vigo, que
incorpora instrumentos que non adoitaban estar presentes nas formacións de
música folk galega coma birimbau, clarinete ou requinta.
Milladoiro
Milladoiro
Sobre as 23:30 horas está prevista a actuación dun dos grupos máis importantes de Galicia: Milladoiro.
Cunha traxectoria de máis de 35 anos, subirán ao escenario de
Noites no Castelo para rememorar os mellores temas e cancións dos seus 20 traballos
discográficos e as novidades de “Atlántico”, o seu recente disco editado este
mesmo ano.
O
Festival Noites no Castelo consolídase xa coma unha cita musical ineludible do
calendario de verán do Concello da Guarda, pasando polo seu escenario grupos
coma a Banda Crebinsky, o gaiteiro Xosé Manuel
Budiño, a cantante Mercedes Peón, a gaiteira Susana Seivane ou o grupo folk A
Roda.
E a estes tamén os van a botar fora os policias locais? Ou é que como son famosos non importa a hora na que acaben nin o ruido que fagan....????. Neste concello hay moito facha empezando po lo Sr. alcalde.
ResponderEliminar