CO GALLO DAS FESTAS DO MONTE SANTA TREGA
O C. S. FUSCALHO PRESENTA SÚA PROGRAMACIÓN ALTERNATIVA
Infogauda / A Guarda
Co gallo das Festas do Monte Santa Trega, o Centro Social Fuscalho deseñou súa própia programación alternativa, que comprende os días 6, 7, 8 e 9 de agosto, e na cal colabouran a Deputación de Pontevedra e o Concello de A Guarda.
O luns día 6, ás 21:00 h., haberá un concerto de bandas locais, coa participación de Caramelo Krew, Ded Routines, Tenue, Umha das Marías, rebelión, Liquen e Sapoconcho.
O martes día 7, desde ás 20:00 h., nova edición de Cantos de Taberna, polo Arruaz, Pescador, Vaite Vindo, As Pozas e A mais bonita. E logo no Fuscalho, concerto do Grupo Os Carunchos.
O mércores día 8, desde ás 20:00 h. actividades para os máis novos, nas Pozas (rúa Vicente Sobrino), coas actuacions de: C´est qui Paulette, da Bretaña; e Feira Ambulante, coa Famille Walili.
O xoves día 9, ás 23:00 h., no Montiño (subida ao Monte Santa Trega), VI Som do Trega, coa participación das seguintes bandas: Os Putos, Indomables, Maskarpone, Narma & The Walili Beat Brothers.
Ningún comentario:
Publicar un comentario