I FESTIVAL SONS DA GUARDA: UNHA BOA INICIATIVA QUE CONTRIBUIRÁ A ENRIQUECER A TRADICIÓN CORAL DE NOSO POBO
· O evento serviu de pano de fondo do recoñecemento á José Luis Lorenzo Rodríguez
José Luis Lorenzo Rodríguez - a dereita da imaxe - recibiu a insignia do Coro Cantábile, como Director de Honra
Fotos: David Martínez Suárez
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Foi o pasado sábado día 30 de xuño. Non pudo ser na Praza do Reló, onde todo estaba organizado (cadeiras, megafonía, palco,...) e onde o respectable público sentíase moi a gusto. Ata que cando as agullas do reloxo marcaban á hora prevista para o comezo, cairon unhas pingas de auga, que mesmo mollaban, e para non arriscar innecesariamente, os organizadores, botando mán dos medios o seu alcance, e coñecendo á posibilidade de que a chuvia fose a máis, determinaron acertadamente, aprazar ata ás 21:00 h., o comezo do I Festival Sons da Guarda, no "auditorio" da Igrexa Parroquial de Santa María. E ata alí fomos, coralistas, familiares e público de A Guarda e súa contorna.
O I Festival Sons da Guarda, organizado polo Coro Cantábile, coa colaboura do Concello de A Guarda, Deputación de Pontevedra e varias entidades comerciais e industrias da zoa, foi presentado por Sara Márquez Rodríguez.
Coro de Cámara de Crecente
De acordo co programa, actuou en primeiro lugar, o Coro de Cámara de Crecente, que dirixido por César Lorenzo, interpretou:
Velai vai (Tradicional / Rey Rivero)
Lévame, lévame (Tradicional)
Popurri africano (Tradicionais africanas)
Coral do Club da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda
A continuación, correspondeulle o turno a Coral do Club da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda, que dirixido por David González Sobrino, interpretou:
Yo sin tu amor, de Javier Domínguez Millán
O canteiro, de Oliveira
Enguedellos, de Rey Rivero
Coro Arpegios
Despois chegaría o intre dos máis noviños, os compoñentes do Coro Arpegios, que dirixidos por Avelino Ferreira López, interpretaron:
Cinema Paradiso, de Ennio Morricone
Cero, de Dani Martín
Rosa de los vientos, de Mago de Oz
Agrupación Coral Polifónica de A Guarda
A continuación serían os compoñentes da Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, que dirixida por Rosa González Fernández interpretarían:
Eu caseime por un ano (Popular)
Huellas en la arena, de Gador Enríquez
Lévame (Popular / Carvajal)
Coro Cantábile
E por último, corresponderíalle o turno o Coro Cantábile, que dirixido por Avelino Ferreira López, interpretaría:
Hallelujah, de Leonard Cohen
Somewhere over the rainbow, de Harold Arlen
Tu gitana, de Luar na Lubre
O tema Tu gitana, contou co acompañamento de Sara Márquez Rodríguez, coa súa gaita.
Compre salientar que a medida que ían rematando súas respectivas actuacións, as diferentes corais, recibiron do coro anfitrión o correspondente agasallo conmemorativo.
Asemade, o longo do festival foron sorteados varios agasallos doados polas empresas colabouradoras. Os números premiados foron os seguintes:
351, 637, 182, 534, 251, 299, 139 e 720.
Jorge Fernández Baz, presidente do Coro Cantábile
Lucía Alonso Castro, co ramo que recibiu do Coro Contabile, correspondendo os aplausos do público
No tramo final do festival houbo unha intervención de Jorge Fernández Baz, presidente do Coro Cantábile, que agradeceu a participación de tódolas corais, así como a ex compoñente e ex directora do Coro Cantábile, Lucía Alonso Castro, que logo de recibir un ramo de flores, correspondeu con unhas verbas de apoio a tódolas persoas que forman parte do Coro Cantábile, decindo que foi unha honra haber formado parte del e habelo dirixido.
O Coro Cantábile agasallou a súa madriña Pilar Rodríguez Gómez, con un ramo de flores
O Coro Cantábile tamén adicou uns intres do evento a recoñecer públicamente o apoio da súa madriña Pilar Rodríguez Gómez, e como testemuña do agradecemento que lle teñen, tamén lle fixeron entrega de un ramo de flores.
Jorge Fernández Baz impúxolle a José Luis Lorenzo Rdríguez, a insignia do Coro Cantábile
E como corresponde en persoas agradecidas, como o son as/os compoñentes do Coro Cantábile, o presidente Jorge Fernández Baz, en nome de tódolos seus compañeiros, lle adicou unhas sentidas verbas de agradecemento á D. José Luis Lorenzo Rodríguez, a persoa que fundou e dirixiu o Coro Cantábile. Por iso, en proba do agradecemento e do agarimo que lle profesan acordaron nomealo Director de Honra, e lle agasallaron con unha insignia conmemorativa.
Foi un dos intres máis emotivos do I Festival Sons da Guarda, e foi tamén unha nova oportunidade de constatar o aprecio que coralistas, público en xeral, e veciños de A Guarda, lle profesamos a José Luis Lorenzo Rodríguez e a súa esposa Hermitas, que como sempre, está a seu carón.
José Luis e Hermitas, Hermitas e José Luis, fixeron - cada un no seu ámeto - moito polo canto coral e pola música. Salientamos ese feito, porque son dúas persoas que teñen aportado moito a Cultura de A Guarda e súa contorna. José Luis, como co-fundador da Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, como fundador e director do Coro Arpegios Cantábile, como fundador e director do Grupo de Acordeons Mascarenhas, como compositor, como home de ben, como emprendedor e como excelente veciño. E súa dona Hermitas, polo seu saber estar, e polo seu apoio a súa familia, e de xeito especial a seu esposo, porque de pouco ou de nada serviría, que unha persoa teña moitas inquedanzas, se non conta co imprescindible apoio da persoa máis próxima, coa que convive a cotío. E Hermitas, sempre, sempre, apoiou a José Luis. E nesa labor continúa.
E logo deses intres para a expresión do que os máis xóvenes e os menos xóvenes, sentimos por José Luis Lorenzo Rodríguez, pregáronlle que el mesmo dixirise a unha representación de tódolas corais participantes, para interpretar o Himno Galego.
Foi así, como os coralistas e o público que ateigaba o templo parroquial, posto en pé, e mesmo cantando o noso Himno, como se poría broche de ouro o I Festival Sons da Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario