CULTURA
MANUEL ÁLVAREZ ÁLVAREZ, VECIÑO DE A GÁNDARA (SALCIDOS), LOGRA O Iº PREMIO DO XXXII CERTAME DE POESÍA FELICIANO ROLÁN VICENTE
Manuel Álvarez Álvarez
Foto: Infogauda
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
A presidenta e a secretaria da Agrupación Cultural Guardesa, veñen de dar a coñecer á acta correspondente o XXXII Certame de Poesía Feliciano Rolán Vicente, que dí o seguinte:
O día 4 de xullo, ás 20:30 horas, ten lugar a reunión do xurado cualificador do XXXII Certame de Poesía Feliciano Rolán no local da Agrupación Cultural Guardesa en presenza de membros da directiva.
Forman parte do xurado: Chuny Vázquez Vicente, poetisa e pintora; Florentina Andrés Álvarez, licenciada en Ciencias Políticas e doutora en Relacións Internacionais; Joaquín Cadilla Castro, presidente de OR.PA.GU. e da Asociación O Piueiro; María Soledad Diz Amil, licenciada en Xeografía e Historia, nas especialidades de Arte Moderno e Contemporáneo, Historia e bibliotecaria do Concello da Guarda; Fátima Pérez Sobrino, licenciada en Filoloxía Hispánica; María del Carmen Álvarez González, mestra de Educación Primaria.
O xurado acordou premiar aos seguintes poetas:
1º Premio: Manuel Álvarez Álvarez, de A Gándara (A Guarda), polo poema “dona marta lúcia”
2º Premio: Carmeliña García Pereira, de Vigo, polo poema “O Moucho”
3º Premio: Sonia Pérez Pedrosa, de Adra (Almería), polo poema “E Non”
Remátase a deliberación do xurado ás 22:00 horas e acórdase comunicar aos poetas galardoados que a data de entrega de premios será o sábado 14 de xullo ás 20:30 horas no Centro Cultural da Guarda. Actuará a Coral do Clube da Terceira Idade de A Guarda.
A Guarda, 4 de xullo de 2018
A PRESIDENTA A SECRETARIA
Julia Sobrino González María Soledad Diz Amil
MANUEL ÁLVAREZ ÁLVAREZ: UN GUARDÉS DE SENSIBILIDADE ESPECIAL
Manuel Álvarez Álvarez, natural de Ribadavila (A Guarda), residiu en Genève (Suiza), onde traballou no Alto Comisionado das Nacions Unidas (Acnur), e a súa vez, compaxinou iniciativas culturais, coa súa actividade como fotógrafo e mesmo como cineasta, habendo participado co documentario Unhe histoire seule (2013), en varios certames de cinema: XXVIII° Festival Internacional de Cine de Mar del Plata 2013 (Argentina), D´A Festival Internacional de Cine D´Autor de Barcelona 2014, Festival de cine Lima Independiente 2014, (S8) Mostra de Cine Periférico da Coruña 2014, Las Palmas de Gran Canaria Film Festival 2014, Filmoteca Española, ARKIPEL-Yakarta 2014 (Indonesia), CGAI 2014 (A Coruña), Espanoramas-Buenos Aires 2015 (Argentina), Festival Primavera do Cine 2015 (Vigo), Transcinema 2015 (Perú),...
Unhe histoire seule é un traballo de achegamento á figura de Jean Luc Godard, partindo dunha idea de Xurxo Chirro e de Aguinaldo Fructuoso, con realización de Aguinaldo Fructuoso; script e montaxe de Xurxo Chirro; con Pascal Berney e Clara Brancorsini; e producida por Beli Martínez.
Asemade, Manuel Álvarez Álvarez, é co-autor, xunto co poeta Miro Villar -, de un libro de fotografías "Gameleiros" - de veteranos pescadores de baixura de A Guarda, no que se amosan 27 retratos en b/n, de outros tantos homes, cando estes retornaban o porto guardés.
En "Gameleiros", da colección Grandes Obras - Edicions Singulares, de Edicions Xerais; as fotografías dos rostros dos mariñeiros, comparten espazo cos poemas do autor de Cee (A Coruña), creados despois de ollar ás fotografías, completando así o retrato de cada ún dos protagonistas desa obra. O libro, que é toda unha homenaxe o potencial humano - o visible e o menos visible - da pesca en Galicia, foi presentado o día 19 de setembro de 2003, na Lonxa do Porto de A Guarda, coa participación do gaiteiro, cantautor e músico guardés, Tino Baz Baz, e do daquela director de Edicions Xerais, Manuel Bragado Rodríguez.
Manuel Álvarez Álvarez ten exposto seus traballos fotográficos relacionados coa emigración, e seguendo o mesmo formato de fotografía e poesía, en varias galerías.
Agora, o informar que Manuel Álvarez Álvarez é o gañador do XXXII Certame de Poesía Feliciano Rolán Vicente, podemos afirmar o que xa sabíamos desde fai anos. Que este guardés é, sen lugar á dubidas, unha persoa dunha sensibilidade especial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario