Aberto prazo de inscricións para o Obradoiro de Mindfulness
Nas instalacións de Érguete Baixo Miño
Asociación Érguete Baixo Miño / A Guarda
A Asociación Érguete Baixo Miño informa que este martes, 24 de xullo, ábrese o prazo de inscricións para o Obradoiro de Mindfulness (para un maior benestar e mellor calidade de vida) subvencionado pola Deputación de Pontevedra no programa Conectadas do Servizo de Igualdade e dentro das accións que a Asociación realiza de prevención e de promoción e educación para a saúde.
Trátase dun programadirixidopreferentemente ás mulleres, coa finalidade de mellorar a súa formación básica na Comunidade e favorecer deste xeito as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias. As prazas son limitadas e reservarase un 25% das mesmas para os homes.
O obradoiro dará comezo o mércores, 5 de setembro ata o 26 de decembro en horario de tarde de 18:00 a 20:00 h., cun prezo total de 6€.
Algúns dos obxectivos que persegue o Mindfulness son por exemplo o de coñecer técnicas de respiración, relaxación e meditación, aprender a conectar e a gozar do presente, a xestionar as emocións, así como a sensibilizar acerca da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
As inscricións pódense facer de maneira presencial nas instalacións de Érguete Baixo Miño, sitas na rúa Colón, nº 20 (Edificio O Pescador 1º andar) CP36780 A Guarda, chamando por teléfono ao 986 61 44 07 / 640 086 376 ou ben deixando os datos no email info@erguete.org.
Érguete Baixo Miño emprega técnicas de igualdade de maneira transversal en todas as accións e programas que realiza, na procura de conseguir unha plena igualdade de condicións para mulleres e homes
Ningún comentario:
Publicar un comentario