16 de xul. de 2018

A GUARDA

AGUSTÍN FERREIRA LORENZO, PRESIDENTE DE ANABAM ABRIU A Iª MOSTRA AMIGOS DO MAR, ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN DE EMBARCACIONS TRADICIONAIS "PIUEIRO"

De esq. a der.: Agustín Ferreira Lorenzo, Prudencio Núñez e Joaquín Cadilla Castro, no acto de apertura da Iª Mostra Amigos do Mar, organizada pola Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais "Piueiro", de A Guarda
Foto: Piueiro

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda


 Como xa informamos oportunamente neste xornal dixital, o pasado venres día 13 de xullo de 2018, co gallo da apertura da Iª Mostra Amigos do Mar, organizada pola Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais "Piueiro", de A Guarda, e logo do correspondente saúdo os asistentes, e os respectivos agradecementos a Joaquín Cadilla Castro, Celso R. Fariñas, e demais compañeiros de Piueiro; Agustín Ferreira Lorenzo, presidente e co-fundador da Asociación Naturalista Baixo Miño (ANABAM), pronunciou unha breve, máis a súa vez, clarificadora intervención sobor do proceso de recollida das marcas dos mariñeiros, e fíxoo, nos seguintes termos:

 Que unha asociación conservacionista, naturalista, ecoloxista estea implicada nun tema etnográfico, pode resultar algo chocante. Mais, se temos en conta que ANABAM nace nun pobo mariñeiro e que o mundo do mar ten moito que ver coa natureza, xa pode parecer menos chocante este interese. Ademais disto, un dos membros de ANABAM, Antón Ferreira, artífice deste interese, foi o impulsor nesta asociación de todo o relacionado co patrimonio etnográfico, neste caso, local.

 Como a maioría lembrará, ata hai uns anos, cada fin de mes se puña o material que non se quería nas casas (mobles, aparellos, etc) nas portas de cada inmoble para que o camión do Concello pasase a recollelos. Así, entre o refugallo podían atoparse antigos uteis, xa en desuso, que foron utilizados polos vellos mariñeiros guardeses. Tamén nas fogueiras de San Xoán e San Pedro, era habitual aproveitar estas para queimar moitos deses vellos uteis xa en desuso. Durante varios anos, Antón Ferreira recorría as rúas, fundamentalmente da marina, para recoller o material que podía, salvándoo de ser destruído definitivamente. Por outra banda, algunhas familias mariñ‚eiras, vendo o interese desta asociación por este material, levávao directamente ao local ou falaba con n€ós para que o fósemos buscar. Así é como se empezou a crear o xermen do que seríaa o Museo do Mar.

 Imos dar, de xeito resumido, unhas pinceladas de como se chega, pois,  á creación dese Museo.

1991: ANABAM organiza unha semana dedicada ao mundo do mar, que titula “Semana do Medio Mariño. Lévase a cabo en dous locais: Confraría de Pescadores (onde se  realiza unha proxección con notabilísimo éxito. Estaba prevista unha soa sesión e houbo que facer dúas). E, no  local  de ANABAM, organizouse  unha exposición tanto de  uteis como  de  material biolóxico (esqueletes de cetáceos).

1992: Con motivo das Festas do Monte, organizamos unha nova exposición relacionada co mar, neste caso ca antiga Casa da Cultura (na rúa Ramón Sobrino).

1993: O Concello da Guarda (Alcaldesa Purificación Álvarez e o concelleiro Antonio Cividanes) póñense en  contacto con ANABAM para que organizáramos unha exposición de material relacionado co mar no Centro Cultural, con motivo da inauguración do mesmo. Esta exposición ten un grande éxito. A partir de aí denominamos a esa exposición Museo do Mar, que estivo situada no último andar do devandito Centro Cultural durante varios anos. Posteriormente o material regresou a ANABAM debido as deficientes condicions da sala (filtración de auga) e tamén porque, arquivo municipal trasladouse para alí.

2006: Asinouse un convenio con ACIGU para crear co material de ANABAM unha Aula Etnográfica do Mar. Funcionou uns meses e o material regresou de novo ၠasociación.

 Co goberno Municipal de Alonso Riego e sendo concelleiro Ignacio Saa, traballouse  para que a Atalaia se  convertira en Museo do Mar. Cousa que se fixo definitivamente realidade  co goberno de Freitas, asinando un convenio polo que ANABAM cedía como préstamo ao mesmo diverso material.

 Hai unha segunda parte, que son as MARCAS DOS MARIÑEIROS DA GUARDA.

 Novamente Antón Ferreira é o artífice da recollida de marcas dos mariñeiros guardeses e autor da primeira publicación monográfica de marcas editada na Guarda.

 Pero para facernos unha idea deste material etnográfico, hai que remontarse ao ano 1932: con Antonio Santos Graça, etnógrafo poveiro, que na súa obra “O Poveiro” recolle practicamente grande parte das marcas mariñeiras utilizadas na Póvoa de Varzim. Marcas e mariñeiros que teñen unha íntima conexión coas marcas e os mariñeiros guardeses.

De esq. a der.: Manuel Álvarez Alonso, presidente da Comisión de Festas do Monte Santa Trega; o presidente da Câmara Municipal de Póvoa de Varzim; o xurista, empresario, escritor, poeta e xornalista galeguista, Valentín Paz Andrade; e o escritor, etnógrafo, poeta e xornalista Eliseo Alonso Rodríguez, na apertura da Exposición de Siglas Poveiras, que o Museu Municipal de Etnografía e Historia de Póvoa de Varzim, truxo á vila de A Guarda.
Foto: Ricardo Rodríguez Vicente

1983: Ten lugar na Guarda unha Exposición de Siglas Poveiras, realizada polo Museo Etnográfico de Póvoa de Varzim.

1983, Ricardo Rodríguez Vicente autor local, fai a primeira incursión na recollida de marcas mariñeiras, publicando 75 signos (Boletín da Agrupación Cultural Guardesa, nº 3).

1984: Novamente Ricardo Rodríguez Vicente, amplía a recollida inicial de marcas a 136. Estas marcas foron recollidas directamente observando os aparellos e as gamelas no varadoiro do porto guardés, polo que, en xeral, descoñecíase os usuarios das mesmas.

1987: O escritor goianés Eliseo  Alonso, na súa obra “Gamelas e  Mariñeiros”,  recolle 194 signos.

1995: Da autoría de Antón Ferreira, ANABAM, publica a primeira obra monográfica de Marcas Mariñeiras. Para iso o autor dedicou varios anos ၠrecollida de información directa mediante entrevistas e de observación de aparellos e útiles. Chega a recoller preto de 400 marcas.

2010: A partir deste ano, quen lles fala, decide actualizar a publicaci€ón do ano 1995 e comeza unha nova recollida de marcas, esta vez acompañada de fotografía dos usuarios das mesmas, nome deses usuarios e, de selo caso, os motes (cando non existe impedimento por parte do interlocutor).
 Deste xeito, o próximo ano en colaboración con PIUEIRO, imos publicar unha nova edición das Marcas dos Mariñeiros da Guarda, coincidindo co Encontro de Embarcacions Tradicionais.
E  nada mais, soamente dicir que esperamos a colaboración de todos, tanto no que respecta a seguir recollendo os útiles utilizados polos mariñeiros guardeses e, por suposto as Marcas.

 Grazas a todos e esperamos que Piueiro, unha asociación mariñeira tan necesaria nun pobo como A Guarda, teña o apoio que precisa.

 Grazas a todos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario