CULTURA MARÍTIMA
A Iª MOSTRA AMIGOS DO MAR, ESTÁ TENDO MOI BOA ACOLLIDA
GALERÍA FOTOGRÁFICA DA Iª MOSTRA AMIGOS DO MAR
· Está organizada pola Asociación de Embarcacións Tradicionais “PIUEIRO”
Joaquín Cadilla Castro, presidente da Asociación de Embarcacións Tradicionais “PIUEIRO” cos propietarios da maqueta do pesqueiro "Nuevo Santa Cruz", que tamén está na Iª Mostra Amigos do Mar
Fotos: Infogauda
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Con unha disertación de Agustín Ferreira Lorenzo, presidente e co-fundador da Asociación Naturalista Baixo Miño (ANABAM), que falou sobre as marcas mariñeiras e a continuidade dos traballos de identificación e recopilación que nesta área levan desenvolvendo dende fai anos, e a que se incorporará PIUEIRO como entidade colabouradora, para que no intre oportuno se edite unha publicación divulgativa; e logo doutras intervencions de directivos da entidade organizadora, na tardiña do venres día 13 de xullo, foi inaugurada a Iª Mostra Amigos do Mar, organizada pola Asociación de Embarcacións Tradicionais “PIUEIRO”, de A Guarda.
A Iª Mostra Amigos do Mar, que pode visitarse no local do que fora o establecemento Efectos Navales Guadalupe, na rúa do Porto, de A Guarda, é o resultado magnífico, de un traballo feito con agarimo polos activos compoñentes da Asociación de Embarcacións Tradicionais “PIUEIRO”, que desde súa fundación leva desenvolvido unha campaña de recollida de diverso material (aparellos e artes de pesca, etnográfico, documental, fotográfico,...). E que grazas a xenerosidade de moitas familias guardesas, vencelladas o mar, fan posible que A Guarda, ainda conte con un moi interesante patrimonio museístico vencellado á actividade pesqueira, como se pode comprobar nesta Iª Mostra Amigos do Mar.
Ollando de vagar esta interesante mostra, que xurde con vocación de continuidade en vindeiras edicions, evocamos con agarimo o amigo Eliseo Alonso Rodríguez, escritor, etnógrafo, investigador, poeta, xornalista,..., que - entre outras destacadas obras da súa producción - nos legou "Gamelas y Marineros", un libro que é toda unha homenaxe as nosas mulleres e homes do mar, ademáis de "Pescadores del río Miño", entre outras publicacions e artigos de prensa, da súa autoría, nos que A Guarda está moi presente.
A lembranza a Eliseo Alonso, debera motivarnos á ir preparando á merecida homenaxe institucional e popular, que A Guarda lle debera tributar a quen tanto contribuiu á divulgación dos valores que máis nos identifican como pobo.
A lembranza a Eliseo Alonso, debera motivarnos á ir preparando á merecida homenaxe institucional e popular, que A Guarda lle debera tributar a quen tanto contribuiu á divulgación dos valores que máis nos identifican como pobo.
Feita a suxerencia precedente, que ogallá sexa tida en consideración por quen corresponda, compre salientar que a acollida que está tendo a Mostra, polo que pudemos comprobar persoalmente, non pode ser mellor. Non soio pola acertada distribución e selección do material exposto, senón pola positiva interacción que ese material xenera entre os visitantes, que recorrendo á memoria individual e colectiva, que conserva cada persoa que participa nas conversas, podemos recuperar, por exemplo, á lembranza das diferentes ubicacións das pías da casca que houbo no barrio de pescadores. Compre relembrar que eran comunitarias, como a que había na rúa da Roda, de tipo exenta, é decir que ainda sendo de pedra granítica, podía moverse, se fixera falla, e tamén había outras polo tramo de litoral entre A Ribeira e As Casetas, que foran feitas na rocha viva. Ademáis, obviamente das que había en cada chabola.
Na Iª Mostra Amigos do Mar, podemos ollar redes, achicadoiras, cortizas, remos, un timón de gamela, un aimé, boias de vidro, búxulas, sextantes, barcos en miniatura, reproduccións de fotos antigas, documentos relacionados coa actividade pesqueira, un motor fora borda do ano 1965, perfectamente restaurado, un mallo da casca, unha caldeira de cobre, un pote de ferro, varios paneis de marcas de pescadores, os planos principais do volanteiro que "PIUEIRO" vai construir na empresa Astilleros del Pasaje, S. L.,...
Tamén hai un panel con fotografías do material que agora mesmo está en exposición no Museo Municipal de Etnografía e Historia, de Póvoa de Varzim, e que desde o vindeiro día 22 de setembro tamén poderemos ollar na exposición que se inaugurará na Casa dos Alonso, e que temos á confianza que vai todo un éxito.
Con esta Mostra Amigos do Mar, a Asociación “PIUEIRO”, quere darlle as grazas a todos aquelas persoas que teñen colaborado nesta campaña para salvar unha parte da historia do “noso mar” e manter presente unha das actividades laborais e económicas que máis incidiron e segue tendo influencia no desenvolvemento de A Guarda”.
A Mostra Amigos do Mar estará aberta o público o longo de todo o verán, tódolos días de 19:00 a 22:00 horas, e os domingos e festivos de 10:00 a 13:00 horas.
Este evento forma parte do programa de actividades previo o Encontro de Embarcacions Tradicionais que terá lugar na Guarda, do 11 ao 14 de xullo de 2019.
Desde Infogauda nosos parabens os compoñentes da Asociación de Embarcacións Tradicionais “PIUEIRO”, así como a tódalas persoas que fixeron posible a Iª Mostra Amigos do Mar.
Este evento forma parte do programa de actividades previo o Encontro de Embarcacions Tradicionais que terá lugar na Guarda, do 11 ao 14 de xullo de 2019.
Desde Infogauda nosos parabens os compoñentes da Asociación de Embarcacións Tradicionais “PIUEIRO”, así como a tódalas persoas que fixeron posible a Iª Mostra Amigos do Mar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario