11 de xul. de 2018

A GUARDA

Acho and Friends

O cuarteto de clarinetes actúa este xoves, ás 20:30 horas, na Praza do Reló


Infogauda / A Guarda 

 O cuarteto musical Acho and Friends actúa este xoves día 12 de xullo a partires das 20:30 horas na Praza do Reló. Será unha actuación na que interpretarán obras de compositores representativos da historia musical coma Cott Joplin, Bizet, Gershwin,... entre outros, englobando estilos tan variados como o exótico jazz, o nacionalismo ou o popular tango. 

 O Cuarteto de clarinetes Acho and Friends está formado por Jose Luís Relova Gallego ao clarinete 1º, Meritxell Coloma Cutillas ao clarinete 2º, Sara Pumar Lomba ao clarinete 3º e Cintia Lomba Lomba ao clarinete baixo. 

 O cuarteto Acho and Friends está formado por alumnos de clarinete do Conservatorio Superior de Aragón e Karina Gurska (Madrid). Iniciaron a súa carreira como grupo no proxecto de Musethica, organización sen ánemo de lucro que promove un novo enfoque no ensino de música clásica, e realizaron o seu debut como grupo de cámara na Universidade de Zaragoza no congreso de Inmunoloxía 2017. Recentemente teñen participado no curso de clarinete realizado polo prestixioso cuarteto Roots 4 Clarinets. Os compoñentes do grupo, que pertencen a distintas zonas da xeografía española, decidiron formar un grupo para consolidar a súa amizade. 

Repertorio:
Aragonaise – G. Bizet
Rhapsody in blue – G. Gershwin
Tico-Tico no Fubá – Zequinha de Abreu
Moon River – Henry Mancini
 The entertainer – Scott Joplin
Por una cabeza – C. Gardel 

Ningún comentario:

Publicar un comentario