EXPOSIÇÂO
MARCAS DE PESCADORES
Póvoa de Varzim e A Guarda
No Museu Municipal da Póvoa de Varzim
3 de julho / 18 horas
INAUGURAÇÂO & TERTÚLIA SOBRE MEMORIAS DE PESCADORES
Ricardo Rodríguez Vicente / Póvoa de Varzim
O Museo Municipal de Etnografía e Historia de Póvoa de Varzim inaugurará o vindeiro día 3 de xullo, ás 18:00 h. (horario de Portugal), a Exposición Marcas de Pescadores - Póvoa de Varzim e A Guarda.
Nese acto participarán representantes da Câmara Municipal de Póvoa de Varzim e do Concello de A Guarda, así como da Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro, de A Guarda.
A continuación da apertura da mostra haberá unha interesante tertulia sobre memorias e pescadores, na que participarán veteranos homes do mar poveiros e guardeses.
"Este acto - dixo a Infogauda, Celso Rodríguez Fariñas, secretario da Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro - está dentro do marco de recuperar as actividades conxuntas ca Câmara da Póvoa de Varzim, tendo en conta que a exposición conxunta de material mariñeiro, voltará a estar a vista do público a partir do día 22 de setembro na Casa dos Alonso, durante un período de 15/20 días, e seguiremos traballando cun equipo técnico da Póvoa de Varzim e de outras localidades portuguesas, o Instituto de Estudios Miñoráns e a incorporación dun grupo de centro Europa, para por medio dún proxecto conxunto, estudar en profundidade as marcas mariñeiras e outras actividades vinculadas o mar".
Ningún comentario:
Publicar un comentario