14 de xuño de 2018

O ROSAL

“XOGANDO COAS PALABRAS”; SESIÓN DE CONTACONTOS CO MAGO JAVIER MURO 

Sábado 16 de xuño, ás 11:30 h., na Biblioteca Municipal



Infogauda / O Rosal

 O sábado 16 de xuño ás 11:30 h., na Biblioteca Muncipal do Rosal, “Xogando coas palabras”, sesión de Contacontos co Mago Javier Muro.

 “Xogando coas palabras” é unha proposta de maxia onde as palabras, os números e as letras escollidas polos nenos ao azar, van creando o espectáculo. 

 Na función utilizarase as palabras dos libros, para descubrir que talvez o futuro xa estaba escrito. Coa data de nacemento das/os nenas/os, imos descubrir o poder dos números e que relación hai coas palabras. E serán eles os que fagan a maxia, porque sen saber como, realizarán o evento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario