18 de xuño de 2018

A GUARDA

A Guarda acolleu un Festival Solidario de Cruz Roja 



Jorge Alonso / A Guarda

 O salón de actos do Centro Cultural de A Guarda acolleu o pasado venres día 15 de xuño de 2018 un Festival Solidario organizado pola Asemblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño en colaboración co Concello de A Guarda e Xamaraina. 


 No acto, que estivo presentado por María Elena Baz Rodríguez, participaron os grupos Xamaraina Moderno, Tremelique, Marcando Pasos, Do Lusco ó Fusco, Coiro Vello, Os Merliños e Do-Majó.


 Nesta iniciativa solidaria cada asistente mercou un boleto do Sorteo de Ouro de Cruz Roja. 


 Boa acollida de público que encheu o aforo do Centro Cultural nunha apacible tarde chea de música e baile, por unha causa solidaria. 

Cruz Roja Baixo Miño

 A Asemblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño atendeu ao longo do ano 2017 a máis de 330 persoas, loitando contra a pobreza e a exclusión social, traballando cos inmigrantes, a xuventude, o emprego, a xestión económica, a formación, o voluntariado, as persoas maiores e as familias de acollida. 

 Na actualidade promocionan a campaña #lánzate na procura de novas/os voluntarias/os para colaborar coas acción que desenvolven. Todas/os aquelas/es que o desexen poden informarse acudindo á súa sede na Rúa Agustín Nandín Lomba, 1 baixo, de A Guarda, ou chamando ao 986 614 609.

Ningún comentario:

Publicar un comentario