14 de maio de 2018

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Presentación e lectura do libro "Os cantos do mar. Moisaicos de anacos de tempos moi remotos", da musicóloga Dorothé Schubarth

Será o martes 15 de maio, ás 20h, con música ao vivo, lecturas de diferentes fragmentos do libro e coa presenza da autora 

Museo do Pobo Galego / Santiago de Compostela

 No marco das celebracións do Día das Letras Galegas e do Día internacional dos Museos presentamos o libro de Dorothé Schubarth "Os cantos do mar. Mosaicos de anacos de tempos moi remotos". Será o martes 15 de maio, ás 20h, no Museo do Pobo Galego, con música ao vivo, lecturas de diferentes fragmentos do libro e coa presenza da autora.

 "Os cantos do mar. Mosaicos de anacos de tempos moi remotos" é unha obra de ficción pero que garda relación coa realidade: en palabras da propia autora, "todo o que conforma esta obra ten a súa raíz en algo que existe". 

 Ambientada en tempos prehistóricos e escrita orixinalmente en alemán antigo foi traducida ao galego pola propia autora coa axuda de Antón Santamarina. Unha historia complexa, pero a medida que avanzamos descubrimos que esa complexidade non é tal, senón o albisco das coplas que se suceden polas páxinas, arredor dun romance central que incardina a historia maxistralmente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario