CULTURA
"ALOIANOS", DE ALBERTO ROMERO DESCOBRE ALGUNS DOS SEGREDOS DO MONTE ALOIA E RESCATA SÚA RIQUEZA TOPONÍMICA
O libro será presentado o sábado día 5 de maio, ás 17:30 h., no Centro Cultural da A.C.D. Xuntanza, de Randufe
Alberto Romero Rodríguez "Romer"
Foto: Bosco Visión
Ricardo Rodríguez Vicente / Tui
Da mán - e do peto persoal - do polifacético Alberto Romero Rodríguez "Romer", imos ter oportunidade de coñecer con detalle, moitos dos segredos que agocha, o longo dos milenios, o monte Aloia. Grazas á labor deste home inquedo e traballador, que ten, entre outras, ás virtudes de saber preguntar e de saber escoitar, así como de investigar "in situ", sen botar en conta o tempo que adica o traballo de campo; os tudenses, en primeiro lugar, e por extensión, tódalas persoas que teñan interese en coñecer o folclore, ás historias, ás lendas, ás tradicions, os topónimos,..., vencellados o monte Aloia, teremos como indispensable compañeiro de viaxe o libro que leva por título "Aloianos", da autoría do activo escritor Alberto Romero "Romer".
"Aloianos", que conta con un limiar do académico Xosé Luis Méndez Ferrín, que non dubidou en cualificar á publicación "como unha enciclopedia do Aloia", é o froito de un traballo de varios anos de pescuda, onde o autor soubo achegarse as persoas maiores da contorna, para escoitar ás historias e lendas da Pedra Moura, ou da Cruz do Romero,..., que o longo do tempo perviviron na tradición oral, e foron pasando de xeración en xeración, co conseguinte risco da súa perda, senón queda constancia documental ou escrita desa riqueza que xurdiu do mesmo pobo, verdadeiro protagonista colectivo da súa propia historia.
Grazas a "Aloianos", todos poderemos saber un pouco máis daqueles pastores procedentes de Prado, Morgadáns, Frinxo e Peitieiros, entre outros lugares do Val Miñor, que fai un século, coa súa actividade cotiá coidaban o monte, e co seu coñecemento do entorno, non dubidaban en pór en valor a toponimia, transmitindo os nomes dos enclaves onde pacían súas ovellas, ou mesmo póndolle nomes os lugares para diferencialos de outros. Un deses persoaxes era seu avó Xosé da Pousa, de Frinxo, que segundo refire Alberto Romero, "era o que tiña máis gando".
Da súa labor de pescuda, e por iniciativa própia, Alberto Romero Rodríguez recolleu en "Aloianos" máis de 600 topónimos e microtopónimos no parque do monte Aloia, enclave natural no que o inxenieiro de montes Rafael Areses, deixou súa persoal impronta.
Portada de "Aloianos", de Alberto Romero Rodríguez (Romer)
A labor de investigación e recolleita, desenvolvida por Alberto Romero Rodríguez para a redacción e edición deste novo libro da súa autoría, ben merece que o acto de presentación que terá lugar este sábado día 5 de maio, ás 17:30 h., no Centro Cultural da A. C. D. Xuntanza, de Randufe (Tui), conte con unha importante asistencia de público.
Ademáis do autor do libro, está prevista á participación do escritor e academico Xosé Luis Méndez Ferrín, así como da cantautora María José Baz Martínez.
ALBERTO ROMERO RODRÍGUEZ "ROMER"
Alberto Romero Rodríguez "Romer", é unha persoa que coñece o monte Aloia como á palma da súa mán. Súa faceta de escritor comezouna coa publicación do seu primeiro libro "Dende o monte Aloia".
Ademáis "Romer" é un artista - ten feito exposicións individuais de escultura en pedra e de talla en madeira, e tamén participou en mostras colectivas, entre elas co Grupo Espintalla, do cal formou parte -; activo divulgador dos muiños de auga do río Tripes e valedor dos burros fariñeiros; gaiteiro, actor amateur - forma parte do Grupo Bosco Visión -, guionista,...

"Aloianos"
O libro, editado polo seu autor, Alberto Romero Rodríguez, foi impreso no prelo de Gráficas Juvia, de Tui. Ten un formato de 240 x 170 mm., está encadernado con tapa blanda e conta con 232 páxinas.
O prezo de venda o público non chega a 9 euros.

Ningún comentario:
Publicar un comentario