16 de maio de 2018

A GUARDA

O BNG presenta moción para a creación de camiños escolares seguros na Guarda  

Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda: “O BNG solicitou por escrito esta medida hai máis de mes e medio sen contestación por parte do Alcalde da Guarda”  

Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO presentou unha moción no rexistro do Concello da Guarda para a redacción de proxectos e plans de dinamización de camiños escolares seguros.  

 En decraracións a este xornal dixital, Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda non dubidou en afirmar: Para o BNG os proxectos de camiños escolares son iniciativas dirixidasa que as e os menores poidan moverse con seguridade e autonomía polas rúas e recuperen o uso e goce do espazo público, ao mesmo tempo que repercuten nas formas de organización das vilas.   

 O BNG lembra que o artigo 31 da Carta dos Dereitos do Nenodi que ten dereito ao descanso e ao lecer, ao xogo e ás actividades recreativas propias da súa idade e a participar libremente na vida cultural e nas artes.  

 Baz Vicente lembra que a Deputación de Pontevedra, dentro da súa Estratexia de Mobilidade 3.0, coloca os colectivos máis vulnerables como suxeitos principais das melloras en materia de mobilidadee, neste sentido, unha das principais prioridades é mellorar o contorno para as e os máis pequenos.  

 “A principios de abril - engade o voceiro municipal do BNG no Concello de A Guarda - solicitamos por escrito ao alcalde da Guarda que presentase un proxecto para a redacción dun plan de camiños escolares seguros, pola importancia do asunto. Un mes e medio despois, nin tan sequera nos contestou, polo que nos vemos obrigados a presentar esta moción para que sexa o pleno quen o decida. Esperemos que o resto da oposición estea a altura das circunstancias”. 

 O BNG ten claro - afirma Ángel Luis Baz - que na Guarda hai un bo número de alumnado que se beneficiaría directamente desta liña de subvencións debido á proximidade do seu centro á rúa Concepción Arenal de titularidade da Deputación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario