24 de abr. de 2018

TOMIÑO

TOMIÑO CELEBRA A 1ª CARREIRA DÍA DO TRABALLADOR, CON ANDAINA E PREMIOS PARA VARIAS CATEGORÍAS 

O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O VINDEIRO MÉRCORES (25 DE ABRIL) E XA HAI APUNTADAS MÁIS DE 100 PERSOAS DE DIFERENTES IDADES

A alcaldesa de Tomiño, na presentación daI Carreira Día do Traballador
Foto: C. T.

Infogauda / Tomiño

 Tomiño celebra o vindeiro luns 1 de maio, a I Carreira Día do Traballador, na que xa hai apuntadas máis de 100 persoas, a partir dos 16 anos de idade. 

 A proba, organizada polo Tebra F. C., conta coa colaboración do Concello de Tomiño e do ximnasio Vip.  

 A saída será ás 10.30h dende a rúa Daniel Calzado, no Seixo. A meta, o mesmo lugar.  

 O prazo de inscrición remata o vindeiro mércores, 25 de abril, ás 24.00h. As persoas interesadas poden apuntarse no Centro Deportivo Vip, de Tomiño, ou ben, na páxina web: www.championchipnorte.com  

 Haberá tres modalidades entre as que se poderá elixir á hora de inscribirse: carreira de 10 km., carreira de 5 km., ou ben, andaina (5.km.).  

 Haberá premios para os mellores clasificados de Tomiño (feminino e masculino) e gañador/a absoluto. Tamén para as categorías Maiores de 55 anos; De 35 a 55 anos e De 16 a 35 anos.  

 A entrega de dorsais realizarase no ximnasio Vip, durante o sábado anterior á proba, e haberá que estar no lugar de saída dúas horas antes do comezo das probas.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario