21 de abr. de 2018

SALCIDOS (A GUARDA)

O BNG insta ao alcalde da Guarda á procurar unha solución definitiva ás verteduras fecais na zona do camping  

Ángel Luis Baz Vicente (portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda): “O BNG leva anos demandando unha solución que remate cos continuos vertidos debido a rede de saneamento deficiente”  


Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda, na zoa da Xunqueira (Salcidos), diante dunha tapa de rexistro do saneamento, pola cal burdan verquidos de augas fecais. 
Foto: BNG

Infogauda / Salcidos (A Guarda)

 “O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO presentou unha iniciativa no rexistro do Concello da Guarda na que se insta ao alcalde da Guarda a procurar unha solución definitiva aos problemas de saneamento que hai na Xunqueira, na zona do camping”, dixo a este xornal dixital, Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda.  

 Ángel Luis Baz denuncia que “as deficiencias na rede de saneamento nesa zona, fai que chegue a desbordar as arquetas, saltando as tapas de rexistro literalmente polo ar, xerando vertidos, cheiros insoportábeis, e riscos para os viandantes e para o medio natural.  

 Unha degradación ambiental e turística que se une á desfeita dos areais da Lamiña, que evidencia o desleixo e falta de seguimento das administracións competentes. Cumpre atallar urxentemente esta situación”. 


 O BNG lembra que estamos ante unha zona de especial protección ambiental, polo que as administracións públicas deberan poñen un especial interese no seu coidado e preservación.  

 O concello ten a obriga de velar pola boa conservación e mantemento do rico patrimonio natural guardés dado que é un recurso turístico de primeiro nivel - non é só presumir de premios -, é manter as condicións para ser merecedores dos mesmos”, conclúe o voceiro municipal do BNG.

Ningún comentario:

Publicar un comentario