O BNG do Rosal consegue que o Concello se comprometa a buscar nas dependencias municipais varios elementos do patrimonio
Trátase concretamente das cruces de Parada (Novás) e da cruz do Couso
Ánxela Fernández Callís, portavoz municipal do BNG no Concello do Rosal
Infogauda / O Rosal
No pleno do mes de marzo o grupo municipal do BNG presentou unha moción na que se achegaban datos sobre varios elementos do patrimonio rosaleiro desaparecidos desde hai xa anos e que, segundo a testemuña de varios veciños, foran retirados da súa localización por operarios municipais para proceder á súa restauración sen que volvera a saberse deles. Trátase concretamente das cruces de Parada (Novás) e da cruz do Couso.
A portavoz municipal do BNG, Ánxela Fernández Callís, defendeu a moción conseguindo o compromiso da alcaldesa de buscar e volver a colocar as citadas cruces, se ben dixo descoñecer o feito de que a cruz do Couso tivera desaparecido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario