5 de abr. de 2018

TUI

O BNG  ESIXE UNHA SOLUCIÓN URXENTE ÁS ALTERACIÓNS ACÚSTICAS QUE SE SOFREN DURANTE AS FESTAS DE SAN TELMO  NO CENTRO DE SAÚDE DE TUI 

Carme Núñez, portavoz municipal do BNG en Tui

Infogauda / Tui

 "O exceso de ruído ao carón dos centros sanitarios pode afectar negativamente á saúde dos pacientes e ao traballo das e dos profesionais. Alteracións do sono, menor tolerancia á dor, aumento de ritmo cardíaco, son algún dos efectos negativos que o ruído ambiental pode xerar nos pacientes, e, en especial, aos máis vulnerábeis coma crónicos anciáns". Esa é a valoración que ven de faer pública Carme Núñez, portavoz municipal do BNG no Concello de Tui. 

 Carme Núñez afirma igualmente: "Para os e as profesionais, un entorno con alta contaminación acústica pode xerar máis estrés e dificultade para desenvolver o seu traballo.  

 Pode considerarse que o ruído é un contaminante invisíbel que produce efectos negativos, tanto fisiolóxicos coma psicosomáticos no ser humano. Un paciente enfermo, ou, en recuperación, é moito máis susceptíbel a este e pódese ver afectado de xeito importante polo seu impacto".  

 "Así pois, o BNG ven de rexistrar unha petición na que insta ao equipo de governo do concello de Tui que leve adiante as oportunas medidas para remediar as alteracións acústicas debido tanto as atraccións de feira ubicadas ao carón do novo centro de saúde, coma o elevado fío musical dos autofalantes instalados no mesmo lugar que ao longo das festas de San Telmo están a exceder o recomendábel volume acústico (para un centro de saúde e con servizo de urxencias) nestes dias de celebración. Esta nefasta situación teríase evitado se  o governo municipal optase por outra ubicación máis axeitada para as atraccións de feira", conclúe Carme Núñez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario