22 de abr. de 2018

MADRID

PREVISIÓNS PARA A SEMANA DO LUNS 23 AO VENRES 27 DE ABRIL DE 2018 NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA


Luns, 23 
19:30 horas 

 A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá a presentación do libro “OFICIO DE LECTURAS. ESCRITOS DE XORNALISMO CULTURAL” de Francisco Rodríguez  Pastoriza, publicado por Terra Ignota Edicións. A obra está dirixida ao público en xeral sempre que teña inquietudes culturais e estea interesado pola historia deste ámbito.  

 Francisco Rodríguez  Pastoriza, profesor de Xornalismo da  UCM e xornalista cultural de longo percorrido, reuniu neste libro algúns dos seus traballos publicados en diversos medios durante os últimos anos. A maior parte son críticas de libros de literatura e ensaio sobre os temas máis diversos: arte, música, cinema,  totalitarismos, guerras…así como reflexións persoais.  

 No acto intervirán, ademais do autor Francisco  R.  Pastoriza,  o tamén profesor da Universidade Complutense de Madrid, Ramón  Cobo; e o o  exfutbolista do Real Madrid, Paco  Buyo.  

Mércores, 25 
19:30 horas 

 Homenaxe a José Antonio Ortiz Baeza, con ocasión do seu nomeamento como Presidente de Honra da Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid. 

 No acto -que incluirá o concerto "Músicas sobre o Camiño de Santiago", por José Ignacio Hernández Toquero, guitarrista e compositor e Mer Pérez, voz solista- intervirán, ademais de José Antonio Ortiz; o homenaxeado, Luís Gutiérrez Perrino, presidente da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago; e Jorge Martínez-Cava, Presidente da de Madrid. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario