30 de abr. de 2018

GOIÁN

CINEMA

O CINECLUB POLEIRO PECHA O CICLO DE CINE DOS 20 ANOS DE ACTIVIDADE COA PELÍCULA PATERSON   

Unha cinta que pon fin ao ciclo de catro películas vencelladas á literatura,  que se proxecta o xoves 3 de maio ás 21:30 no Auditorio de Goián  
   

Rita Alonso / Goián

 O xoves 3 de maio “Paterson” escrita e dirixida por Jim Jarmusch. Narra sete días da vida dun conductor de autobús e poeta afeccionado, e da súa moza. Un expléndido contraste de vidas. Él, un amante da rutina, ela, soñadora infatigable.    

 A poesía de William Carlos Williams, na cidade de Paterson, en New Jersey. Sete días na existencia do protagonista que escribe poesía sen rimas, de motivos cotiáns. Paterson, levántase cada mañá nun plano idéntico, almorza, fai o seu traballo, regresa a casa, escoita á súa compañeira, vai ao bar. Un poema que fala da beleza das cousas simples, contada dende a reincidencia de accions e mesmo de encadres.         

 O Cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario