14 de abr. de 2018

GOIÁN (TOMIÑO)

TOMIÑO CELEBRA A IV GALA DO DEPORTE 

A CITA SERÁ ESTE SÁBADO, NO AUDITORIO DE GOIÁN, A PARTIR DAS 20:30 HORAS

ADEMAIS, CONTARASE COA ACTUACIÓN DE FEDERICO PÉREZ, ACTOR DE PROGRAMAS E SERIES DA TVG, ASI COMA DUN GRUPO DE DANZA CONTEMPORÁNEA 


Infogauda / Goián

 O Concello de Tomiño celebra esta fin de semana a cuarta edición da Gala do Deporte. Será un acto no que se recoñeza o traballo dos deportistas tomiñeses ao longo de todo o ano 2017.  

 Coma explica o concelleiro de Deportes, Ismael Troncoso, o Concello “quere premiar ao deporte tomiñés e por en valor o esforzo levado a cabo por clubes e deportivas ao longo da pasada tempada”.  

 Os galardóns e recoñecementos atenderán a varias categorías que van dende mellor evento deportivo a mellor deportista masculino e femenino. Concretamente, os galardóns serán: mellor adetrador, promesas masc e feminina, mellor equipo de futbol, premio afan de superacion, mellor equipo base, mellor evento deportivo, e mellores deportistas masculino e feminino.  

 Ademais, contarase coa actuación de Federico Pérez, actor de programas e series da TVG, asi coma de un grupo de danza contemporánea.

Ningún comentario:

Publicar un comentario