16 de abr. de 2018

A GUARDA

O Certame de Microrrelatos amplía o prazo de participación ata o 19 de abril  

O 20 de abril, todos os participantes recibirán un agasallo e verán expostos os seus traballos.  



Sara Alonso / A Guarda

 O Certame de Microrrelatos, organizado pola Biblioteca Pública Municipal da Guarda, amplía o período de recepción de traballos ata este xoves, 19 de abril. As persoas que desexen participar poderán entregar unha copia impresa do seu microrrelato no departamento de Cultura do Concello da Guarda (entre as 9:00 e as 14:00 h.) ou no Centro Cultural (de 10:00 a 13:00 h. e de 17:00 a 20:00 h).   

 A convocatoria está aberta á participación de persoas de tódalas idades e a temática será libre, namentres os textos deberán cumprir os seguintes requisitos: deben estar escritos en lingua galega, non debe superar as 150 palabras (sen incluír o título) e deben ser orixinais e inéditos.   

 O 20 de abril ás 18:00 h., farase entrega dun agasallo a todos os participantes na Biblioteca Municipal. Deseguido, procederase a expor todos os traballos recibidos no Centro Cultural. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario