A BANDA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DE A GUARDA OFRECEU SEU CONCERTO DE PRIMAVERA
Unha vez máis, quedou constancia da necesidade de un Auditorio Municipal
A Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda ofreceu seu Concerto de Primavera, na Casa dos Alonso
Fotos: Ricardo Rodríguez Vicente
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
A Casa dos Alonso, inmoble propiedade do Concello de A Guarda, acolleu na tardiña do pasado sábado día 14 de abril, unha nova edición do Concerto de Primavera, que coa colaboura da Concellería de Cultura do concello guardés, ofreceu a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda.
Vista parcial do numeroso público que asistiu o Concerto de Primavera
Diante de un público heteroxéneo - con todo tipo de idades, porque á Música ten ese poder de convocatoria -, e certamente importante en canto a afluencia, o que acredita que os guardeses saben apreciar á labor que ven desenvolvendo a Agrupación Musical de A Guarda; o presidente desta xoven entidade, David Álvarez, en nome da xunta directiva, deu a benvida o respectable público que se dignou asistir o concerto.
A continuación, coa dirección de Víctor Luis Alonso Treinta, daría comezo o Concerto de Primavera, no cal a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda, interpretaría o seguinte programa:
La Primitiva, de Jef Penders
1492, Conquets of Paradise, de Vangelis
John Williams in concert, de J. Willliams / P. Lavander
Jesus-Christ Superstar, de A. Lloy Webber
African Symphony, de V. McCoy /N. Iwai
Airiños aires (rapsodia galega), de G. Freire
Gaita solista: Sara Márquez Rodríguez
Pepita Creus, de P. Pérez Chaví.
Clarinete solista: Ana González Lorenzo.
Antes de rematar o programa do concerto, o director da Agrupación Musical de A Guarda, dirixiu unhas verbas a audiencia, salientando os 17 anos de traxectoria desta entidade musical, para a cal pide e agradece todo o apoio, tanto das institucios como dos cidadans, e animou as familias dos compoñentes que forman parte dela, a continuar co seu labor a prol da banda de música de A Guarda.
E unha vez concluido o programa, a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda, correspondería os aplausos do público, interpretando Mambo, de Dámaso Pérez Prado.
Foi, sin lugar a dúbidas, un concerto moi grato, do que todos nos sentimos moi afortunados de habelo podido disfrutar.
Desde Infogauda coidamos que un municipio como A Guarda, non debera pasar máis tempo sen un Auditorio Municipal, onde músicos e público, poidamos ser partícipes de eventos como este - entre outros -, que acreditan, ano tras ano, o potencial asociativo existente no noso pobo e a orfandade desa necesaria infraestructura cultural.
Ningún comentario:
Publicar un comentario