30 de abr. de 2018

A GUARDA

CELSO R. FARIÑAS, CONCELLEIRO DE CONVERXENCIA GALEGA, PRESENTA UNHA MOCIÓN PROPONDO QUE O SERGAS INCREMENTE DÚAS UNIDADES NO CENTRO DE SAÚDE

Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 O concelleiro de Converxencia Galega, Celso R. Fariñas ven de presentar no Rexistro Municipal de Entradas do Concello de A Guarda á seguinte moción:

Sr. Alcalde-Presidente 
CONCELLO DE A GUARDA  

MOCIÓN: INCREMENTO DE DÚAS (2) UNIDADES NO CENTRO DE SAÚDE

 Dende fai moito tempo e en diversas ocasións se ten plantexado diante a Administración Autonómica a que se dote do persoal necesario o Centro de Saúde da nosa localidade, para que se atenda de xeito eficaz a demanda da poboación, tendo en conta a afluencia de veciños/as de concellos limítrofes. 

 A necesidade da incorporación de DÚAS (2) UNIDADES -2 médicos e enfermeieras- para cubrir a precaridade no funcionamento do mesmo a día de hoxe, é urxente, e é o criterio que manifestan os Corpo Médico e de Enfermeiras preciso para un servizo de calidade, especialmente, nunha localidade que seu Hospital de Referencia atópase a máis de 50 Kms, e tendo unha poboación maioritariamente de edade avanzada. 

 Cada vez se repite máis, a grave situación de chegar unha emerxencia o centro, e atoparse o Médico de Guardia fora das instalacións, debido a ter que acudir a unha vivenda ou a un accidente, e noutros casos, acompañar ao enfermo na ambulancia. 

 E destacar, que, a alternativa que se ofrece de desplazarse a Tui, a veces e peor o remedio que a enfermidade, xa que se perde un tempo na espera ou na viaxe  de 28 Kms., sacar o paciente do vehículo privado, e diante do colapso do servizo, ter que desplazalo a Vigo, incrementa o risco para a persoa que ten unha enfermidade ou accidente grave. 

 Tendo coñecemento do rexistro (Nº/R 929 de 27 DE ABRIL deste ano)  dunha moción do Movemento Galego pola Defensa do Sistema Público de Pensións, integrante da Coordinadora Estatal, sobre a DEFENSA DO SISTEMA PUBLICO DE PENSIÓNS, proposta que compartimos e polo que asumimos a defensa da mesma no vindeiro Pleno. 

 Por todo elo, dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a presentar para o séu debate e aprobación a seguinte MOCIÓN: 

 A Corporación Municipal do Concello de A Guarda, ven a solicitar do SERGAS, que se proceda a incrementar a dotación sanitaria no Centro de Saúde en DÚAS (2) UNIDADES, a fin de cubrir tódalas deficiencias no servizo e se dispoña dunha atención axeitada as necesidades dos/as usuarios/as. 

 A Guarda a 30 de abril  do 2.018       

Celso R. Fariñas 
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA

Ningún comentario:

Publicar un comentario