10 de abr. de 2018

A GUARDA

GESTIÓN DEMOCRÁTICA DA GUARDA EXAMINA OS ORZAMENTOS MUNICIPAIS DO 2018

O COMITÉ MUNICIPAL DE GESTIÓN DEMOCRÁTICA ACCEDE Á DOCUMENTACIÓN DOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS PARA O EXERCICIO 2018  

Xermán Cordero Verde, presidente do Comité Local de Xestión Democrática da Guarda

  Xestión Democrática da Guarda / A Guarda

 Unha vez presentada a solicitude correspondente, e baseándose na Lei de Transparencia, para poder acceder á devandita documentación, foinos facilitada no día de onte. 

 Desde o Comité Municipal de Xestión Democrática da Guarda, imos estudar de forma minuciosamente dita documentación, como é noso deber como grupo político, que traballa por e para os intereses de todos os guardeses, para poder dar a nosa opinión e poder exercer os dereitos que a lei nos outorga á hora de presentar as nosas alegacións aos devanditos orzamentos, que se debaterán en próximos plenos.   

 En palabras textuais do presidente do Comité Local, Xermán Cordero Verde, manifesta que lle parece mentira que esteamos a debater aínda, a estas alturas de ano os orzamentos, cando o seu debate debería ser no mes de decembro como moito tardar. Tacha de mala xestión a levada pola concelleira delegada, Monserrat Magallanes Álvarez, sendo esta práctica habitual no que levamos de lexislatura en minoría do PSOE.

Ningún comentario:

Publicar un comentario