A PINTORA GEMMA MARQUÉS REDONDO COLABOURA CO CONCELLO DE TOMIÑO
Con motivo do mes da Muller
Gemma Marqués, diante do retrato mural que fixo no Campo de fútbol do Regatiño, de Goián
Infogauda / Tomiño
Con motivo do mes da Muller, o Concello de Tomiño encargou á artista Gemma Marqués Redondo, licenciada en Belas Artes, creadora e docente da Casa Taller da Guarda, a realización dun mural de temática feminista no Campo de fútbol do Regatiño, en Goián.
"Anónimas, retratos de musas do cotián". Unha homenaxe ás mulleres normais e correntes, heroínas do día a día, traballadoras, nais, fillas e avoas na sombra.
O mural, de 31 metros de longo, conta con 4 retratos e varias frases pintadas cunha técnica nova que emula á acuarela. A artista estará a traballar a pé de rúa, pintando á intemperie a condición de que non chova.
Podedes pasarvos polo lugar e seguir o proceso creativo.
"Mulleres artistas por descubrir"
Ademais, os mércores a partir do 14 de marzo impartirá un curso teórico en Tomiño "Mulleres artistas por descubrir", pintoras, escultoras e artistas multimedia. Non fai falta formación previa. Matrícula aberta para maiores de 12 anos, premendo eiquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario