Os deputados socialistas no Parlamento Galego e no Congreso dos Deputados presentan diferentes iniciativas
Para que a Xunta de Galicia e Costas do Estado acometan de maneira urxente accións para salvar a zona dunar na Lamiña-Forte
A praia da Lamiña (Camposancos) presentaba esa imaxe o pasado día 25 de febreiro de 2018
Montserrat Magallanes Alvarez
Secretaria Xeral da Agrupación Socialista da Guarda
Ante o silencio das administracións con competencia na materia fronte o deterioro que está sufrindo a zona dunar na praia da Lamiña-O Forte e na zona do Codesal, os Deputados do Grupo Parlamentario dos Socialistas Galegos presentaron, o 20 de marzo, á Mesa do Parlamento unha Proposición non de Lei para o seu debate no Pleno no que se insta á Xunta de Galicia a:
1.- Tramitar, de maneira inmediata e urxente, as obras de reparación e contención nas zonas da praia da Lamiña e o Codesal, co obxectivo de evitar consecuencias maiores sobre o terro e o aumento dos custos económicos que os danos polo deterioro da liña da costa que existe na ribeira española do Esteiro do Miño poidan ocasionar.
2.- Demandar do Goberno do Estado as mesmas obras e solicitar, de maneira inmediata, un informe técnico ao Centro de Estudos e Experimentación de Obras Públicas (CEDEX).
Ademais os deputados galegos tamén presentaron unha serie de preguntas sobre esta problemática.
Pola súa parte, os deputados socialistas Guillermo Meijón e Lola Galovart presentaron, ante o grave deterioro que se está producindo na liña de costa española no esteiro do río Miño, unha serie de preguntas para a súa resposta oral e escrita. Demandan do Goberno do Estado a valoración desta situación así como que actuacións urxentes pensan por en marcha, que organismos se encargarán de implementarlas e se tivo algunha comunicación por parte do Goberno da Xunta acerca desta problemática.
Nos vindeiros días os deputados socialistas presentarán unha Proposición non de Lei en comisión nos seguintes termos: “O esteiro do río Miño no concello da Guarda está sufrindo un grave deterioro que se agravou como consecuencia dos últimos temporais e mareas vivas. A praia da Lamiña-Forte corre o risco de desaparecer na súa totalidade por culpa do retroceso dunar e a continua caída de árbores, así como o conxunto da zona dunar e boscosa do Feno. Ademais, na zona do Codesal, a escolleira de protección reparada por Costas no 2016 quedou totalmente destrozada, demostrando que a solución implementada quizás serva para cauces de ríos pero non para o estuario.
Ante estes feitos, o Grupo Parlamentario Socialista presenta a seguinte PNL para a súa tramitación en Comisión, na que se insta ao Goberno a:
1.- Acometer con urxencia as actuacións necesarias que pongan solución ao grave deterioro que se está producindo na praia da Lamiña-Forte que frenen a destrucción do litoral, recuperen a zona de praia e protexan a zona dunar e boscosa do Feno.
2.- Proceder de forma urxente á reparación da escolleira da zona do Codesal, implementando solucións axeitadas e permanentes acordes coa zona do esteiro, tendo en conta os procesos provocados polas mareas vivas e temporais.
3.- Por en marcha, en coordinación coa administración portuguesa, as actuacións necesarias para solucionar a problemática causada polos cambios de canales de navegación e os conseguintes arrastres de area que están provocando a destrucción da liña de costa na marxe española do esteiro do río Miño”.
Os socialistas guardeses queren por de manifesto que a zona da Lamiña-Forte e a zona do Codesal enfróntase a unha problémática que, de non actuar as administracións con competencia na materia dun xeito urxente, vai correr o risco de desapareceer. Este é un entorno que conta coa declaración de REDE Natura 2000, zona LIC, zona ZEPA, ou Destino EDEN de excelencia turística pola Comisión Europea, as xeracións futuras poderán coñecela en fotografía pero non volverá a ser posible pasear, descansar e desfrutar dunha das xoias paisaxísticas que temos en Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario