5 de mar. de 2018

A GUARDA

O BNG TACHA DE IRRESPONSÁBEL A ACTITUDE DO ALCALDE DA GUARDA LEVANDO OS ORZAMENTOS SEN ACORDO”  


Ángel Luis Baz Vicente (voceiro do BNG no Concello de A Guarda): “O BNG deixa claro que non acepta chantaxes de quen non ten unha maioría para sacar adiante os orzamentos para o 2.018”  

Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO, por medio do seu voceiro no concello guardés Ángel Luis Baz Vicente, afirma non ver as condicións para apoiar os Orzamentos para o 2018 que ven de presentar o Alcalde da Guarda. Dese xeito os concelleiros da devandita formación adiantan seu posicionamento crítico que con toda probabilidade adoitarán na sesión plenaria na que se sometan á aprobación inicial os devanditos orzamentos.

 Dende a formación nacionalista afirman que botan de menos unha actitude máis conciliadora para chegar a acordos coa oposición. En ningún momento fixeron un ofrecemento serio para negociar os orzamentos”, sinalou Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG, referíndose o grupo de goberno.  

 Ángel Luis Baz incide en que “o BNG quere lembrar que xa fixo público que aspectos son importantes para, cando menos, mellorar os orzamentos para A Guarda.  

 Logo do estudo dos documentos orzamentarios, o voceiro nacionalista sinala: A falta de concreción nas partidas é un punto preocupante”. E deseguido indica: “Non vemos por ningures partidas específicas para a seguridade viaria en zonas escolares como Solanas e a Sangriña, tal e como aconsella o Plan de Mobilidade.

 Para o BNG é claramente insuficiente a partida de Axudas a Educación dotadas de 3.000 €, que se investirán nuns premios pouco educativos.  

 En canto á partida de SOGAMA, pasa de 225.000 € a 232.000€, co que se evidencia a falta de aforro en materia de xestión do lixo, mentres o goberno do PSOE renuncia ao Plan Revitaliza que fomenta o aforro e a compostaxe.  

40.000,00 EUROS PARA O PINTADO DO CONTRADIQUE DE PUNTA XENETE 

 Para o BNG é inasumíbel que o concello se gaste 40.000 € no pintado do espigón, sendo unha competencia da Xunta de Galiza do PP. O concello ten carencias suficientes como para investir estes cartos nun pintado, por outra banda, un pouco caro...”, apreciou Ángel Baz.  

 Botamos de menos a creación dun departamento de normalización lingüística, axudas “reais” para educación, mellor dotación para emerxencia social e políticas de igualdade, ...  

 Dende o BNG xa advertimos que, ou había cambios substanciais nos orzamentos ou non habería apoio a estes orzamentos.

 O BNG deixa claro que non acepta chantaxes de quen non ten unha maioría para sacar adiante os orzamentos para o 2.018”, conclúe Ángel Luis Baz Vicente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario