5 de mar. de 2018

A GUARDA

NOVO PRAZO PARA Á PETICIÓN DE CITAS PARA A RENOVACIÓN DO DNI

Abre o 15 de marzo  
Sara Alonso / A Guarda

 Desde o concello guardés fan público que a partir do vindeiro xoves 15 de marzo, as persoas que precisen renovar o seu Documento Nacional de Identidade (DNI) durante o segundo trimestre do ano, poderán achegarse ao Concello da Guarda para solicitar a súa cita.   

 De acordo co calendario da Unidade Móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo, as renovacións poderán realizarse na Casa dos Alonso os días 10 de abril -con recollida do documento o 13 do mesmo mes-, o 10 de maio -con recollida o día 15- e o 11 de xuño -con recollida o día 14 -.   

 O 15 de marzo as citas poderán pedirse unicamente de forma presencial no punto de información do Concello da Guarda (primeiro andar) ou en Secretaría (segundo andar) entre as 9 e as 14 horas. A partir do 16 de marzo, as solicitudes poderán realizarse tamén telefónicamente no 986 610 000.

Ningún comentario:

Publicar un comentario